venres, 16 de outubro de 2015

A PLATAFORMA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE DO BARBANZA ESTARÁ O DÍA 24 DE OUTUBRO EN COMPOSTELA

Nova no programa da tv27barbanza “Las noticias de actualidad”:
"A Plataforma das Marchas da Dignidade do Barbanza volverá reivindicar Pan, Traballo e Teito  nunha multitudinaria concentración que terá lugar o día 24 deste mes na capital galega e á que asistirán persoas de tódolos puntos xeográficos de Galicia.
Integrantes de diferentes colectivos que forman a plataforma reunironse esta mañá no Ateneo Valle Inclán de Ribeira para facer un chamamento á cidadanía que ten dereito a loitar por un Traballo digno e por unha vivenda."

Velaiquí o video do acto:

Ningún comentario:

Publicar un comentario