venres, 30 de outubro de 2015

EN REDONDELA E VIGO ENTREGAMOS OS PREMIOS AS PERSOAS AGRACIADAS NO SORTEO DAS RIFAS EN APOIO AO 24-O

 Gañadora do sorteo da cesta da dignidade de Redondela.
Victor gañador do sorteo en Vigo recolle o Premio na sede da Sociedade Corporativa "Arbore" en Vigo

GRAZAS A TODAS E TODOS POR COLABORAR CAS MMdD

xoves, 29 de outubro de 2015

AINDA OCUPANDO O 60% DA PLAZA DO OBRADOIRO O 24-O FOI UN ÉXITO.

Santiago Lamelo, José Carlos Costoya e Manolo Camaño, membros da Columna Galega das MMdD suscriben, a título persoal, unha primeira valoración-reflexión sobre o que foi, e significou, a mobilización do 24-O.  VOLTAMOS AO OBRADOIRO.

"Ao marxe de facer unha valoración máis completa e repousada na xuntanza que manteremos en breve a Comisión Coordinadora Galega das MMdD sobre a mobilización do 24-O, (por certo que é moi importante lembrar que se trata dunha comisión coordinadora na que teñen voz e voto, en pé de igualdade, e poden asistir sempre alomenos dúas persoas por organización, das que teñen suscrito o manifesto inicial das Marchas do 22M), vemos a necesidade de facer xa algunhas reflexións sobor do acontecido na mobilización do Obradoiro do 24 de outubro na que nos xuntamos entre tres e catro mil persoas, en torno a un 60% dos que o fixéramos o 29 de novembro de 2014. "   .../...



 Liga e descarga aquí o documento completo:  

luns, 26 de outubro de 2015

RESULTADO DO SORTEO DA RIFA DE APOIO AS MARCHAS DA DIGNIDADE EN VIGO E COMARCA

No sorteo da rifa de apoio as MMdD en Vigo  e Comarca feito ao remate do acto na Praza do Obradoiro. Cesta de productos galegos da sociedade cooperativa Arbore”,  resultou agraciado o número 322 correspondente ao talonario número 6. O que se fai público para que o agraciado ou agraciada se faga cargo do premio. Parabéns.





domingo, 25 de outubro de 2015

ONTE NO OBRADOIRO….RESISTENCIA. RESISTIMOS E SEGUIREMOS RESISTINDO. PÀN, TRABALLO, TEITO E DIGNIDADE. A LOITA CONTINÚA. AS MARCHAS DA DIGNIDADE CHEGAMOS PARA QUEDARNOS. SIN MOBILIZACION NON HAI SOLUCION.

Así recolleron alguns medios de comunicación a xornada de movilización de onte:

Foto: Voceiros das Columnas das MMdD atendendo aos medios de comunicación, onte,  á entrada na Praza do Obradoiro

Nos informativos da TVG:
Tamén, a carón da nova sobre as marchas das tres columnas galegas das MMdD sobre o Obradoiro difundiron estes outras novas.
Non é casualidade, por iso, si acaso como entretemento, difundimolos tamén porque nos parece clarificador de cómo está o patio. De xeito calmado pódese facer o exercicio de buscar “as dez diferencias” entre estes dous videos/noticia da tvg.

Informativos da Sexta .
Praza pública
ABC
El economita
La voz de galicia
La región
Diario de Pontevedra


venres, 23 de outubro de 2015

O PCG E A XC EN APOIO DAS MARCHAS DA DIGNIDADE. MAÑAN TODAS E TODOS AO OBRADOIRO


Eva Solla. Secretaria Xeral do PCG
“Tomando como motor do noso día a día a “paixón pola unidade” que nos ensinou o histórico dirixente comunista José Díaz, faremos do 24O un símbolo do que ten que ser unha práctica política cotiá: avanzar ombreiro con ombreiro obreiras, estudantes, labregas, paradas, migrantes, pensionistas… dignificando o papel do traballo na construción da sociedade, fronte ao parasitismo de quen só recolle mais non sementa.



ÚLTIMA HORA!!! : “CERNA APOIA AS MARCHAS DA DIGNIDADE”

Coñecemos hoxe, a través da súa web. o comunicado de Cerna facendo un chamamento a participar no 24-O
“Chama CERNA a todas as persoas a participar na protesta que terá lugar ao medio día baixo o lema “Pan, traballo teito e dignidade”.
Imosss!!!

A ASEMBLEA POLA UNIDADE ESTARÁ MAÑAN NO OBRADOIRO POLO PAN TRABALLO E TEITO PORQUE COMPARTIMOS MOTIVOS,E TEÑEN FORZA, CORAXE E RABIA.

A Asemblea, moi activa no Morrazo, estará no Obradoiro o 24 de outubro . Hoxe dende a Plataforma da que forman parte, fixeronnos chegar estas fotos co palco da música de Cangas engalanado.


ESQUERDA UNIDA ESTARÁ ESTE SÁBADO NO OBRADOIRO, NA MOBILIZACIÓN DAS MARCHAS DA DIGNIDADE, ESIXINDO #PANTRABALLOETEITO


Compostela, 23 de outubro de 2015. Esquerda Unida súmase á mobilización organizada polas Marchas da Dignidade, que terá lugar mañá sábado 24 ás 12h. no Obradoiro, e que contará coa presenza de Yolanda Díaz, coordinadora nacional de Esquerda Unida, Xabier Ron, Eva Solla, Ramón Vázquez e Juan Fajardo, membros da dirección de Esquerda Unida e deputados de AGE. 

Por que #Imos24O?
Dende Esquerda Unida cremos que todas as persoas teñen dereito a ter cubertas as necesidades básicas, ademais, tentar resolver os grandes problemas da inmensa maioría é, para nós, unha obriga. Por iso o #24O, #Imos.

Mobilización das Marchas da Dignidade
Hora: Ás 12.00 horas.
Data: Sábado, 24 de outubro.
Lugar: Praza do Obradoiro (Santiago).
Acuden: Yolanda Díaz, coordinadora nacional de Esquerda Unida, Xabier Ron, Eva Solla, Ramón Vázquez e Juan Fajardo, membros da dirección de Esquerda Unida e deputados de AGE. 

Gabinete de prensa.
Executiva Nacional de Esquerda Unida

AS MARIAS TAMÉN VEÑEN!!!, XA ESTÁN AGARDANDO POLAS COLUMNAS DAS MARCHAS DA DIGNIDADE NA ALAMEDA COMPOSTELANA. MAÑAN AS 12:00h., OCUPAREMOS O OBRADOIRO. ...........................P A N, T R A B A L L O, T E I T O E D I G N I D A D E ........... Imosss!!!............


xoves, 22 de outubro de 2015

SIGUEN SUMANDOSE A MOBILIZACION DENDE TODO O PAIS FORMACIONS MUNICIPALISDTAS, AMPAS, E MOVEMENTOS SOCIAIS. O 24-O Imossss!!!

MÁIS FORMACIONS MUNICIPALISTAS  COMO VECIÑANZA DE CUNTIS SE SUMAN A MOBILIZACIÓN DO 24 – O,  E TAMÉN MOITAS DAS AAMMPPAA  QUE SIGUEN LOITANDO ARREO  POR UN ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE  ESTARÁN CONNOSCO O SABADO 24 DE OUTUBRO NA PRAZA DO OBRADOIRO.


A BÓ FE QUE NON VAN ERRAR NA DATA !!!

AS ,MAREAS APOIAN AS MARCHAS DA DIGNIDADE. XULIO FERREIRO, MARTIÑO NORIEGA, E JORGE SUAREZ, XUNTO CON MOITOS CONCELLEIROS E CONCELLEIRAS, E OUTRAS REXIDORAS E REXIDORES DO PAIS, LONXE DA INFAMIA, O 24-O VAN ESTAR NO OBRADOIRO. CON TODO, OUTRAS E OUTROS NUNCA O FARÍAN.

Segundo publica “Galicia Confidencial”  na súa edición de hoxe:  “Martiño Noriega expresa a solidariedade do Concello santiagués coas Marchas da Dignidade que se concentran nesta cidade o sábado. Tamén a Marea Atlántica apoia a marcha, ao igual que Ferrol en Común.” http://www.galiciaconfidencial.com/nova/26301-mareas-apoian-marchas-dignidade
Con todo, outras e outros NUNCA O FARÍAN:








a lista continúa   .../... 
  Nós o 24-O Imosss!!! , e tí?

PLURALIDADE, XENEROSIDADE E SOLIDARIDADE SON AS SEÑAS DE IDENTIDADE DAS MARCHAS DA DIGNIDADE.

Queremos volver a lembrar, dende aquí, a importancia de que o 24-O, cada colectivo presente no noso movemento, se faga ver no Obradoiro e nas marchas previas. Sobre todo as plataformas de afectados, colectivos e movementos sociais en loita dura. Referímonos á Plataforma da Epatites C, ás PAH, ás Mareas Brancas, ós Bombeiros, os emigrantes retornados, etc.
É moi importante primar a PLURALIDADE.
Doutra banda a cuestión financieira é vital, e así os compas encargados desta área, lembrannos que a caixa está en "números perigosos". Nós, as MMdD pagaremos todos os gastos da infraestructura do Obradoiro, así como o material previo; carteis, faixas, etc. NÓS NON TEMOS, TARJETAS BLACK, SOBRES COMO OS QUE REPARTÍA BÁRCENAS, NIN SUBVENCIÓNS. NON AS QUEREMOS, NIN AS ESPERAMOS, NIN AS VAMOS A PEDIR. 
SOMOS POBO, SOMOS PODER E CONTAMOS CA SOLIDARIDADE E CA DIGNIDADE COLECTIVA.

Ó igual que o ano pasado haberá dez compañeirxs perfectamente identificadxs que se encargarán de pasar uns petos para a recadación económica durante a Marchas das tres columnas e no acto final na Praza do Obradoiro.
CONTRIBUIR CO QUE SE PODA, PORQUE:
“UNHA PALLA NON FAI PALLEIRO PERO  A BÓ FE QUE AXUDA, COMPAÑEIRXS !!! “

GRAZAS ANTICIPADAS POLA VOSA COLABORACIÓN 
 E APOIO. E GRAZAS TAMÉNA XS ARTISTAS QUE CONFORMAN O CARTAZ DO ACTO DE PECHE  NO OBRADOIRO POLA SÚA CONTRIBUCIÓN ALTRUISTA.

Imosss!!!

INFORMACIÓN DA LOXÍSTICA PARA O DÍA 24 NO OCUPEMOS O OBRADOIRO + CARTAZ E MANIFESTO PARA O ACTO FINAL NA PRAZA.

CARTAZ DO ACTO FINAL NA PRAZA DO OBRADOIRO O 24-O - 
Acto organizado e Coordinado pola 
Plataforma Galega das Artes Escénicas.


INFORMACIÓN DA LOXÍSTICA:



PUNTO DE RECOLLIDA. EN XOAN XXIII, PRETO DO OBRADOIRO EN TORNO AS 13.30H.UNHA VEZ FINALICE O ACTO DE PECHE DO QUE ADXUNTAMOS O CARTAZ CO PROGRAMA ELABORADO E COORDINADO POLA PLATAFORMA GALEGA DE ARTES ESCÉNICAS ASÍ COMO O MANIFESTO MAQUETADO QUE SE VAI A LER QUE PROPUXERON DENDE A PLATAFORMA DA CORUÑA E SE ELEVOU A DEFINITIVO HOXE CAS APORTACIONS RECIBIDAS NO CORREO ELECTRÓNICO DA PLATAFORMA GALEGA DAS MARCHAS.

LIGA AQUÍ AO MANIFESTO(PDF) AO QUE LLE DARÁ LECTURA O COMPAÑEIRO. INCANSABLE ACTIVISTA Nicanor Acosta. https://drive.google.com/file/d/0B4q_Hj_9LGQSNEhwck1qbV9lQVU/view?usp=sharing

mércores, 21 de outubro de 2015

MARTIÑO NORIEGA HOXE CON UNHA DELEGACIÓN DAS MMdD: “O sábado 24 estaréi no Obradoiro”.

O alcalde recibiu a unha representación da plataforma, que o sábado se concentrará na Praza do Obradoiro.
Martiño Noriega expresa a solidariedade do Concello coas Marchas da Dignidade
O alcalde recibiu hoxe aos representantes das Marchas pola Dignidade, que o próximo sábado se concentrarán na Praza do Obradoiro para amosar "o seu rexeitamento ás políticas gubernamentais que serven aos intereses das elites económicas".

Martiño Noriega expresou o seu respaldo a esa manifestación, que se celebrará ás doce do mediodía, porque entende que segue habendo moitos motivos para que a plataforma se mobilice.

As Marchas pola Dignidade convocaron a concentración do sábado baixo o lema "Pan, traballo, teito e dignidade". A plataforma é un movemento social que en Galicia aglutina a máis de setenta organizacións e colectivos veciñais, sindicatos, organizacións políticas, colectivos sociais e grupos municipalistas.

martes, 20 de outubro de 2015

A.E.R. PRESENTA NO CONCELLO DE REDONDELA A MOCIÓN A PROL DAS MARCHAS DA DIGNIDADE E NOS REMITE A SEGUINTE COMUNICACIÓN DE APOIO EXPRESO A MOBILIZACIÓN DO 24-O

LIGAZÓN a pax. Web co comunicado de apoio ás Marchas da Dignidade da AGRUPACION DE ELECTORES DE REDONDELA: http://www.aeredondela.com/#!COMUNICADO-Apoio-ás-Marchas-da-Dignidade/c1zzf/560c0c9c0cf2a7bb74bf7583ELA
As Marchas da Dignidade é un movemento social que en Galiza aglutina no seu seo a máis de setenta organizacións e colectivos veciñais, organizacións sindicais, organizacións e colectivos políticos e sociais, e grupos municipalistas como o noso.
As Marchas da Dignidade creáronse buscando a unidade de acción entre moitos colectivos e persoas que tiñan un obxectivo común, resumido nunha frase: pan, traballo e teito. Foron capaces de agrupar a máis de 300 organizacións de todo o Estado e mobilizalas en manifestacións multitudinarias que reflectían o sentir dunha gran parte da poboación.
O vindeiro 24 de outubro ás 12 do mediodía, as Marchas da Dignidade volverán á praza do Obradoiro a reivindicar os nosos dereitos.
Dende a Agrupación de electores de Redondela, AER, apoiamos esa mobilización e animamos a todas as persoas a que acudan ese día a Compostela a reclamar o que nos roubaron e a facer fronte a unha situación inxusta provocada pola cobiza do poder económico e o bipartidismo. No vindeiro pleno municipal, AER defenderá unha proposta en apoio das Marchas que adxuntamos.

Saúde.

domingo, 18 de outubro de 2015

CHAMAMENTO PARA ACUDIR AO OBRADOIRO O 24 DE OUTUBRO. UN VIDEO XENTILEZA DO COLECTIVO “LENTES DIVERXENTES". CAS MARCHAS DA DIGNIDADE DENDE SEMPRE..


Un traballo do colectivo Lentes Diverxentes recientes gañadores do Premio Mestre Mateo ao mellor documental do 2014 ca súa producción "Angrois no Esquecemento". 

Dende a columna Galega das MMdD.   GRAZAS MIL a Susana, Fran, Emilio e Marcos polo voso traballo,  polo voso compromiso e polo voso apoio.  

video
Imossss!!!

Tamén podes atopalo en youtube na seguinte ligazón:: https://www.youtube.com/watch?v=vfsDwU7Fd_c&feature=youtu.be

ENTREVISTA A MANOLO CAMAÑO EN SANTIAGO TV. O 15 DE OUTUBRO E LIGAZÓN AO ARTIGO PUBLICADO ONTE EN SERMOS GALIZA

NO PROGRAMA "SANTIAGO TEVE"
video

A unidade popular estará no Obradoiro o 24O

FOTOS DOS ACTOS ONTE E ANTONTE NA ESTRADA E NA POBRA DO CARAMIÑAL , O XOVES – 22– ESTAREMOS EN ARTEIXO. E O SÁBADO, 24 DE OUTUBRO, VOLTAMOS AO OBRADOIRO PARA BERRAR TODOS E TODAS XUNTAS: PAN TRABALLO E TEITO. O 24-O Imosss!!!, PORQUE TEMOS DIGNIDADE.

CA PLATAFORMA DA ESTRADA O VENRES, 16

CONCURRIDO ACTO CA PLATAFORMA DO BARBANZA, NO AUDITORIO VALLE INCLÁN DA POBRA DO CARAMIÑAL O SÁBADO 17 DE OUTUBRO.
















CARTÁZ DO ACTO PARA O XOVES EN ARTEIXO:


DENDE TODOS OS CURRUNCHOS DO PAÍS
O 24-O, IMOS!!

VOLTAMOS AO
OBRADOIRO