martes, 22 de setembro de 2015

XUNTANZA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE CAS VECIÑAS E VECIÑOS DO BARRIO DE TEIS EN VIGO. PREPARANDO O 24-O E AS MANIFAS DO DÍA 8.

O venres 25 de Setembro, as 8 da tarde, no Centro Cívico de Teis, celebraremos unha xuntanza para desenvolver a folla de ruta acordada no mes de Xuño en Compostela, e ratificada na II Asemblea Galega celebrada o día 19 en A Coruña,  O 24-O Imosss!!!, pero sobre todo para escoitar as demandas e suxerencias  que, en torno as Marchas da Dignidade plantexa o barrio de TEIS en Vigo. Velai o cartaz do acto. Acude!!!!

Xa vai máis dun ano dende que as Marchas da Dignidade comezamos a mobilizarnos para reclamar         
Pan, Traballo e Teito.
O 22 de marzo de 2014 xuntarmonos máis dun millón de persoas en Madrid, o 29 de novembro pasado, en Galiza, enchermos a Praza  do Obradoiro, e o 21 de marzo deste ano volveuse convocar unha gran manifestación en Madrid.
 Pese a estas grandes mobilizacións en defensa dunhas condicións de vida dignas, o goberno do PP, co beneplácito de PSOE, continúa a gobernar de costas á meirande parte da poboación que sufre unhas políticas que cada vez nos empobrecen máis. Entre estas medidas atópanse a pérdida de dereitos laborais, os recortes e privatizacións de servizos públicos, e a perda de liberdades coa Lei Mordaza como exemplo.
 A todo o anterior debemos engadir a entrega da soberanía do Estado á Troika, que é en última instancia quen controla a política económica do noso goberno, orientándoa coa complicidade deste cara o pago dunha débeda ilexítima e ilegal, que unha vez tras outra beneficia ás grandes empresas e fortunas arrastrando ao pobo traballador cara a miseria:

ü Máis do 30% da infancia do Estado atópase en risco de pobreza e exclusión.
ü En 35.500 fogares en Galiza e 770.000 fogares no conxunto do Estado non entra ningún tipo de salario, pensión, ou subsidio.
ü A poboación en paro supera o 22%, mentres que entre a xuventude os datos ascenden ate case o 50% tanto para Galiza como para o conxunto do Estado. Por outra banda, quen traballa faino en condicións de precariedade, case sempre con contratos temporais e salarios ridículos que dificilmente permiten subsistir.
ü Continúan os desafiuzamentos, aumenta a represión nas rúas, estase a condear á mocidade á emigración, négasenos a asistencia sanitaria e os medicamentos que poden supoñer a curación de enfermedades mortais (caso da Hepatite C), destruénse os sectores productivos tendo o exemplo do leite e a pesca en Galiza.
ü Dáselle o poder do Estado a potencias estranxeiras e privadas coa firma do Tratado de Libre Comercio (TTIP polas súas siglas en inglés) e cedendo cada vez máis poder á OTAN.
ü Cada día máis mulleres son vítimas da violencia machista sen que o Estado mova un dedo.
 Por todo isto, e máis…, chamámoste a seguir mobilizándonos coas Marchas da Dignidade ate conquerir PAN, TRABALLO E TEITO para todas e todos.
Convocaráse unha grande mobilización polas MMdD no Outono que se fará descentralizada, de xeito simultáneo, coordinada a nivel estatal na semana do 19 ao 25 de Outubro. Na Galiza, será o 24 de Outubro, data na que volveremos a ocupar o Obradoiro con distintas marchas que confluirán para volver a encher a emblemática praza.  O 24-O Imosss!!!
E, para quentar motores, o 8 de outubro convocaránse 7 manifestacions nas principais cidades galegas baixo o lema PAN, TRABALLO, TEITO E DIGNIDADE.  En Vigo faremos o percorrido habitual dende a Praza de Fernándo o Católico ate a Porta do Sol

Ningún comentario:

Publicar un comentario