martes, 8 de setembro de 2015

SOLIDARIEDADE DAS MMdD CO AGRO GALEGO. A VOSA LOITA É A NOSA LOITA: PAN TRABALLO, TEITO E DIGNIDADE

Os gandeiros e gandeiras galegas están na rúa cos seus tractores e as súas vidas. Vaia dende aquí a nosa solidariedade, porque a súa loita para salvar, hoxe o sector leiteiro, é a nosa loita, a de todas e todos os traballadores e sectores populares de Galicia.

Metéronos na UE e fixéronos creer que “entrávamos no paraíso”. Logo inventaron o Euro e fixéronos creer que “todos íamos ser alemans”. Non todos nin todas tragamos co conto, porque moitas persoas non creimos daquela, nin tampouco agora, en semellante andrómena. Converteron a UE e o Euro nunha “relixión” e quen ousara estar en contra, inmediatamente “o condenaban á fogueira”. Non se podía cuestionar Europa, nin estar en contra dos tempos. Dicían eles...
Convenceron a nosa xente do agro, primeiro que había que ter vintecinco vacas, logo cincuenta e máis tarde cen, para poder ser competitivos co leite. Inventaron algo tan criminal como a “cota láctea”, cando miles de nenos morren de fame no Mundo. Todo era mentira!!. Hoxe, nin con cento cincuenta vacas a producción leiteria é viable. Sábeno ben!.
O problema non é o número de vacas, tampouco os litros de leite que da cada vaca. Sospeitamos que nin xiquera o é o prezo do litro. O problema é moito máis grave e chámase UNIÓN EUROPEA e chámase EURO, expoñentes do máis grande problema que é o sistema capitalista e a súa versión neoliberal arrasadora.
Desde as Marchas da Dignidade manifestamos a nosa máis grande solidariedade hoxe e sempre cas loitas do agro galego.
Hoxe estamos convosco, ca vosa loita, máis o 24 de outubro, na Praza do Obradoiro ás 12 da mañá, teremos unha boa oportunidade de xuntarnos para unir todas as loitas. Non esquezades que a vosa loita é tamen a nosa.  O 24-O  Imossss!!!  PAN, TRABALLO, TEITO E DIGNIDADE.

video

O 24 de OUTUBRO, VOLVEMOS AO OBRADOIRO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario