venres, 4 de setembro de 2015

POR TODAS AS PERSOAS AS QUE SE LLES NEGA O DEREITO A REFUXO... O 24-O, Imosss.!!!

Producenos  consternación  espertar unha mañan coa imaxe duns nenos afogados na praia ao intentar acadar a illa grega de Kos. ¿Cántos más teñen que morrer para que o poder político reaccione?
Polo que está a acontecer coas persoas que fuxen das guerras, por aquelas que morren no Mediterráneo, en camións nas fronteiras ou están a ser apaleadas na fronteira de Macedonia para evitar que entren naquel país, Por todo isto que, a bó fe só é o picacho do iceberg,  as persoas con DIGNIDADE non nos podemos permitir estar calados, alleos, permanecer impasibles…
Por todo isto, O  24-O, Imosss.!!!

Hoxe, en distintos puntos do país, as Marchas da Dignidade participamos de forma activa nas distintas concentracions en apoio das persoas que DEMANDAN REFUXIO. Queremos estar e poñernos ao carón de toda esta xente que está a padecer por guerras, sempre provocadas por intereses económicos, para favorecer aos poderes financieiros, aos poderosos, a eses poucos que teñen de todo, e case todo, menos DIGNIDADE;  Queremos denunciar, e deixar e evidencia, a todos esos que nunca se fartan de acumular, amparados po las políticas ultraliberais e po lo imperialismo. Son estes os que provocan os conflictos,  as guerras, as invasións para esquilmar os recursos que poseen aqueles, moitas das veces sen saber que os teñen, Son estes os que abusan e xustifican miserentamente a invasión e o expolio de territorios para deixar as persoas, aos seres humans,  na miseria, famentas, espidas e sen teito, sin outra alternativa que a de FUXIR e, por riba, logo pechanlle as cancelas, e non os acollen, NEGANLLE O SEU DEREITO A REFUXIO e permiten que morran, que se afoguen cativos no mar. 

Trasladamos dende aquí o apoio incondicional das Marchas da Dignidade a todas estas persoas, SERES HUMANS, 
Adxuntamos imaxes da Concentración convocada hoxe en A Coruña, no Obelisco, sumándose a moitas outras vilas e cidades do país e do estado.

Tamén en Vigo acordouse, no seo da Asemblea de Movementos Sociais da cidade, convocar o xoves, día 17, as 22:00h na Praza da Constitucion un VELATORIO reivindicativo.  Unha concentración a que, baixo o lema “SODES BENVIDOS”, invitamos a todas as persoas de ben a acudir con candeas ou cirios encendidos para amosar a nosa condea e repulsa aos gobernos por esta situación. Proporase tamén facilitar que as persoas acheguen as súas reflexions, poemas, notas de apoio etc…xa que haberá unha caixiña para recollelos, así como micro aberto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario