venres, 4 de setembro de 2015

OURENSE ESTARÁ NO OBRADOIRO O 24-O

Onte no Ateneo de Ourense celebrouse, tal como estaba anunciada, a Asemblea Aberta da Plataforma Ourensana das MMdD.
Nun ambiente distendido, cordial e moi plural, en torno a 25 persoas, unhas a título individual e outras como voceiros das distintas organizacions que forman parte das MMdD na cidade, e nas distintas comarcas do entorno, fíxose un repaso á folla de ruta acordada a nivel galego de cara a movilización do outono. No transcurso do debate saludouse a movilización en defensa da Sanidade Pública que a esa misma hora se estaba levando a cabo en Vigo así como deuse conta do apoio incondicional das MMdD ás próximas mobilizacions que van a ter lugar na cidade das Burgas en Defensa do Monte Galego e contra as actuaís políticas de incendios impostas pola Xunta. 


Xurdiron propostas e iniciativas importantes, que remataron en acordos unánimes, de cara a non retardar máis os traballos para garantir a presenza de Ourense no Obradoiro o 24-O, así como o firme compromiso, das e dos presentes, para preparar a manifestación, nesta cidade, o día 8 de outubro.


Como estaba programado asistiron ao acto os compañeiros X.Carlos Costoya, da Plataforma de Vigo, e Manolo Camaño, da Plataforma de O Morrazo, que insistiron na importancia, tamén, de contar ca presenza de representación suficiente das comarcas Ourensanas na II Asemblea Galega das MARCHAS DA DIGNIDADE que terá lugar no Paraninfo da Universidade de A Coruña o vindeiro 19 de Setembro.
Neste senso o acordó foi poñerse a traballar de inmediato convocando unha primeira xuntanza de coordinación comarcal na vindeira semana dende donde se organizarán as inscripcións e o modo de transporte para esta importante cita. Tamén se acordou solicitar, como apoio ao traballo a desenvolver, o traslado a Ourense da exposición itinerante EXPOFOTO 24-Obradoiro que se fará chegar unha vez rematada a exposición no Morrazo, o vindeiro martes, para expoñer neste mismo lugar.

O 24-O, Imosss.!!!
Ourense estará no Obradoiro

Ningún comentario:

Publicar un comentario