mércores, 30 de setembro de 2015

ENCONTRO CIDADAN POR UNHA MAREA GALEGA NUNHA VOTACIÓN ENTRE OS ASINANTES DO SEU MANIFESTO ACORCOU POR UNANIMIDADE (Só un voto en contra) CONVOCAR FORMAL E ACTIVAMENTE A MOBILIZACIÓN DO 24-O. A MAREA GALEGA ESTARÁ NO OBRADOIRO O 24 DE OUTUBRO.

Valoracións dos resultados da votación sobre a relación coa Iniciativa pola Unión

/   se someteu en paralelo á cuestión da relación coa Iniciativa pola Unión, a decisión dos asinantes de adherirse como convocantes ás Marchas da Dignidade que avanzarán sobre a Praza do Obradoiro o vindeiro 24 de Outubro. O resultado da votación foi practicamente unánime a favor (192 votos), con só 11 abstencións e 1 voto en contra. Xa que logo, o Encontro convocará formal e activamente esas marchas, na convición de que a unidade popular non pode construirse só nos espazos institucionais, senón que a loita e a rúa deben ser elementos básicos na aglutinación e o impulso do cambio.


DENDE A PLATAFORMA DE COMPOSTELA, QUEREMOS TRASLADARVOS A NIVEL NACIONAL QUE EN COMPOSTELA ESTAMOS, E DENDE COMPOSTELA O 24-O Imosss!!!

Estamos traballando arreo para tensionar á rua e as org pertencentes ás Marchas. Xa temos acordado o seguinte traballo.

1 de Outubro,  concentracion diante do Gadis de Montero Ríos. 
   - Accion Universitaria fará a faixa
   - Esquerda Unida o panfleto e quedaremos as 12h da mañá  repartindo octavillas

8 de Outubro, (coincidindo coa data de mobilizacion nacional descentralizada), para reducir traballo e optimizar recursos, faremos unha accion contra a lei mordaza consistente en estar na praza 8 de Marzo ás 8h da tarde cun esparadrapo na boca e unha faixa que diga "O 24-O quitámonos a mordaza!" repartindo panfletos, etc. 
   - A CUT reservará percorrido polo casco vello por se temos xente dabondo para facer unha "mani" ate o Toural.
   - A XC encargarase de facer os panfletos para imprimir durante o percorrido

14 de Outubro ante a proposta de facer unha charla na Universidade por parte de AU sobre o TTIP, reformulamos a temática para falar sobre futuro laboral do estudantado fora da Universidade. Para iso contariamos coa CUT e o SLG + a posibilidade dalguén que rematara a carreira e puidera falar do que nos atopamos fora da Universidade. A charla sería ás 19:30 na facultade de RRLL e resevaria AU. Contactaremos co SLG para informarlles deta proposta na que contamos con ela quedando encargada a XC.

A última semana redobraríamos esforzos axitativos. Pedimos 450 carteis para empapelar a cidade (dende que cheguen) + faixas para pontes + carteis para farolas que xa temos.

En Compostela estamos, 
e dende Compostela 
O 24-O, IMOS!!!

XA ESTAN A VENTA OS BILLETES DE AUTOBÚS PARA O OBRADOIRO O 24 DE OUTUBRO (24-O) .VELAIQUÍ OS LUGARES E HORAS DE SAÍDA DENDE VIGO E DENDE O MORRAZO.

O prezo de ida e volta quedou fixado en 6 euros dende calqueira lugar dos indicados. De todolos xeitos, por cartos que non sexa. Ponte en contacto cos teléfonos indicados e veremos como se pode arranxar.
Porque o 24-O  
todas e todos,  Imossss!!!!.  
VOLVEMOS AO OBRADOIRO.
PAN, TRABALLO, TEITO E DIGNIDADE
Pero antes, lembrade, quentamos motores o xoves, 8 de outubro nas 7 manifestacións convocadas na Galiza, VIGO  PRAZA DE FERNANDO O CATOLICO, A CORUÑA, PRAZA DE PORTUGAL. COMPOSTELA, PORTA DO CAMIÑO OURENSE, SUBDELEGACION DO GOBERNO LUGO, RONDA DA MURALLA (EDIF. XUNTA) PONTEVEDRA PRAZA DA PEREGRINA E FERROL. PRAZA DE AMADA GARCIA   Todas as 20:00h, agás no Ferrol que será as 18:30. Olla os cartaces e pancartas cos percorridos, na túa vila., 
ACUDE!!!. SIN MOBILIZACIÓN NON HAI SOLUCIÓN.

ESTE XOVES, XUNTANZA DA COMISIÓN COORDINADORA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE EN COMPOSTELA.

Convocatoria xa remitida a todas as organización e persoas da lista de correo:

Data a Xuntanza  Xoves, 1 de outubro.
Lugar: Local da CUT. Rúa do Sar, 93 baixo. Compostela
Hora: 17:00
Hora de remate: 19:00
Orde do día:

1 - Breve valoración da asemblea. 15 minutos 
2 - Tema organización Manifas 8-O. 20 minutos. 
3 - Peparación do día 13-O. 15 minutos.
4 - Loxística 24-O. Buses, trens, columnas en Compostela e axuda á xente que estea a traballar no tema. 40 minutos.
5 - Varios 15 minutos

Remate: 19:00

Por cuestións de espazo, máximo dúas persoas por organización e dúas máximo por plataforma. Lembrade centrarse nos temas e facer intervencións breves e concisas. Traede material para tomar nota do falado.

https://ssl.gstatic.com/ui/v1/icons/mail/images/cleardot.gif

sábado, 26 de setembro de 2015

COMENZAMOS A REXISTRAR NOS CONCELLOS GALEGOS MOCIONS A PROL DAS MARCHAS DA DIGNIDADE E DA MOBILIZACIÓN DO 24-O. AS PRIMEIRAS PRESENTADAS XA EN A CORUÑA E O BARCO DE VALDEORRAS.

Hoxe, unha delegación da Plataforma da Coruña entregaron unha moción das MMdD no rexistro municipal para que a Marea Atlántica a presente novindeiro pleno (delegación na foto). 
Convén recordar que a Marea Atlántica é unha das máis de 60 organizacións que apoian e participan nas Marchas da Dignidade. 
Liga aquí a páxina da MAREA ALTLANTICA: http://mareatlantica.org/o-24-de-outubro-estaremos-nas-marchas-da-dignidade/
A nova no xornal coruñes “La Opinión”

Xa onte, dende a Plataforma de Valdeorras, tamen se presentou por rexistro no concello de O Barco.  Mocións semellantes se entregarán en varios concellos de todo o país. A Unidade Popular pasa pola unión entre persoas non afiliadas, movementos sociais, sindicatos e partidos políticos, estean onde estean… 
SEN MOBILIZACIÓN, NON HAI SOLUCIÓN!!

O 24-O, IMOS!!

XA TEMOS O CARTAZ QUE NOS LEVARÁ AO OBRADOIRO O 24-O. A CAMPAÑA DO 24-O SEGUE ESPALLÁNDOSE POR TODO O PAÍS.

O 24 de Outubro voltamos ao Obradoiro, mais antes, o 8 de Outubro temos unha cita nas rúas de GALICIA. Manifestacións nas 7 principàis cidadades as 8 da tarde. En Ferrol será as 18;30h. 
XOVES 8 DE OUTUBRO, ÁS 20,00 MANIFAS NAS SETE CIDADES GALEGAS. (FERROL 18,30). PARTICIPA, COMPARTE, DIFUNDE


AS TRABALLADORAS E TRABALLADORES  DICIMOS:
SEN MOBILIZACIÓN, NON HAI SOLUCIÓN!!

SEN MOBILIZACIÓN, NON HABERÁ UNIDADE OBREIRA E POPULAR!! . TODAS E TODOS A RÚA O DÍA 8 DE OUTUBRO E O 24-O,  A COMPOSTELA.

O 24-O, IMOS!!

venres, 25 de setembro de 2015

A XUSTIZA ANULA A MULTA DE 3000€ QUE A SEÑORA CIFUENTES LLE IMPUXO AS MARCHAS DA DIGNIDADE POLOS SUCESOS NA PRAZA DE COLON EN MADRID O 22M

A xustiza fai que, a que fora delegada do goberno en Madrid, Cristina Cifuentes teña que “embainar”, en bóa parte,  a súa actuación represora contra as Marchas da Dignidade xa que o xuiz do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 21 de Madrid decretou que a súa actuación foi contraria a dereito e a condena deixando sin efecto a sanción de 3000€ imposta.. A máis, a Delegación do Goberno terá que facer frente as costas xudiciais que neste caso ascenden a 8000€. O triste é que pola súa xestion nefasta isto tamen temos que pagalo o pobo, e neso se escudan…”.Paga Juan Pueblo" e non pasa nada”. Parabéns e ledicia por unha parte porque, por esta vez, faixe xustiza pero lamentable que sempre acabemos pagando a ineptitude dos e das responsables políticos os mesmos.  
Olla a nova no xornal El Diario

Isto ten que mudar………O 24-O Imosss!!!



A DIGNIDADE DO POBO SALVOU O RÍO SARRIA. O POBO É QUEN MÁIS ORDENA. QUEDA MOITO POR ANDAR…..O 24-O IMOSSS!!! TEMOS FORZA, MOTIVOS, CORAXE E RAIBA DABONDO. XUNTAS E XUNTOS IMOSSS!!! OCUPEMOS O OBRADOIRO POR DIGNIDADE.

A veciñanza de Sarria moveuse, no seu día, para defender o seu. E a bo fe que o conseguiron. Demostraronnos, unha vez máis que, sin movilización non hai solución. O pobo é quén máis ordena ca única ferramenta que ten, dignidade, unidade e movilización.
No movemento das MMdD a comarca sarriana, como o resto de comarcas, vilas e cidades galegas  ten o seu espazo para reivindidar xuntos e xuntas, en pe de igualdade,  PAN TRABALLO, TEITO E DIGNIDADE. 
Xuntas e Xuntos TEMOS FORZA, MOTIVOS, CORAXE E RAIBA DABONDO para conseguilo e por iso o 24 de Outubro, codo con codo, estaremos, de novo, OCUPANDO O OBRADOIRO.
O vindeiro mércores día 30 faremos un acto na vila no que agardamos nutrida asistencia para poñer en común as estratexias e pormenores desta, que se espera, grande nova movilización de todas galegas e todos galegos.  Sarrianas e Sarrianos, tamén.  Velaiquí o cartaz do acto.

AS MARCHAS DA DIGNIDADE PRESENTARÁN MOCIONS A PROL DO 24-O NOS PRINCIPAIS CONCELLOS DE GALICIA. A MAREA ATLANTICA SERÁ A PRIMEIRA EN FACELO ESTE SÁBADO EN MARIA PITA.

As Marchas da Dignidade presentarán mocións nos principais concellos de Galicia para que apoien nos seus plenos a convocatoria para o 24 de outubro ás 12 do mediodía no Obradoiro compostelán. A primeira moción será presentada ás 11:00 do sábado 26 de setembro no rexistro municipal de María Pita, en A Coruña, para que a Marea Atlántica a presente no vindeiro pleno. Varias persoas das Marchas da Dignidade farán a entrega. A Marea Atlántica é una das organización que apoian e participan nas Marchas da Dignidade xunto con outros 60 colectivos en Galicia e máis de 300 no resto do estado español.
A convocatoria do Obradoiro, “O 24-O Imosss!!!”, será semellante á do 29 de novembro do ano pasado, cando "columnas" procedentes de toda Galicia confluiron no Obradoiro dende varios puntos da capital de Galicia. Esta vez con máis razóns, ainda, porque as cousas non van a mellor e... TEMOS FORZA, MOTIVOS, CORAXE E RABIA DABONDO.
O 24-O  IMOSSS!!!.

Ate conquerir PAN, TRABALLO E TEITO 

PARA TODAS E TODOS, 

Imosss!!!

martes, 22 de setembro de 2015

CONTRA A LEI MORDAZA. CONTRA Á REPRESIÓN FASCISTA,,,,,,O 24-O Imossss!!!!

Pelu Isma (Ismael), músico, que como saberades fora detido en Madrid no 22M de 2014, aistiu hoxe a xuizo en Madrid. Acaba de comunicarnos que foi condeado a un ano e nove meses e a unha multa de 400€. A Fiscalía pedía dous anos de cadea por desórdenes públicos e tres anos por atentado a maiores de algo máis de 2000€ de multa. Vaites!! Vaites!! co noso estado de dereito.
Unha defensa intelixente, e ben fundada, acadou acordó pactando esa condea mais reducida, que ainda que non é a absolución, afortunadamente non vai ter que entrar na “caldeiro”, ou sexa, que queda libre.
Primeiro, enviarlle unha forte e fraternal aperta, e nos alegramos moitísimo que estea libre na rúa. Pero tamén queremos amosar a nosa indignación porque fora condeado e teña que pagar unha multa por algo que non fixo, xa que para nós todo foi unha montaxe, como quedou demostrado.
Forza, compañeiro, ánimo e adiante!
Este é o seu perfil no facebook:
Ollo!!! Porque outro rapaz galego, Emilio Cao, de O Carballiño, está ainda pendente de xuizo. Lembrades?.  Toda a nosa solidaridade e apoio para él e todas as persoas damnificadas neste “estado policial”.
CONTRA A LEI MORDAZA.
CONTRA Á REPRESIÓN FASCISTA

Imossss!!!!

XUNTANZA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE CAS VECIÑAS E VECIÑOS DO BARRIO DE TEIS EN VIGO. PREPARANDO O 24-O E AS MANIFAS DO DÍA 8.

O venres 25 de Setembro, as 8 da tarde, no Centro Cívico de Teis, celebraremos unha xuntanza para desenvolver a folla de ruta acordada no mes de Xuño en Compostela, e ratificada na II Asemblea Galega celebrada o día 19 en A Coruña,  O 24-O Imosss!!!, pero sobre todo para escoitar as demandas e suxerencias  que, en torno as Marchas da Dignidade plantexa o barrio de TEIS en Vigo. Velai o cartaz do acto. Acude!!!!

Xa vai máis dun ano dende que as Marchas da Dignidade comezamos a mobilizarnos para reclamar         
Pan, Traballo e Teito.
O 22 de marzo de 2014 xuntarmonos máis dun millón de persoas en Madrid, o 29 de novembro pasado, en Galiza, enchermos a Praza  do Obradoiro, e o 21 de marzo deste ano volveuse convocar unha gran manifestación en Madrid.
 Pese a estas grandes mobilizacións en defensa dunhas condicións de vida dignas, o goberno do PP, co beneplácito de PSOE, continúa a gobernar de costas á meirande parte da poboación que sufre unhas políticas que cada vez nos empobrecen máis. Entre estas medidas atópanse a pérdida de dereitos laborais, os recortes e privatizacións de servizos públicos, e a perda de liberdades coa Lei Mordaza como exemplo.
 A todo o anterior debemos engadir a entrega da soberanía do Estado á Troika, que é en última instancia quen controla a política económica do noso goberno, orientándoa coa complicidade deste cara o pago dunha débeda ilexítima e ilegal, que unha vez tras outra beneficia ás grandes empresas e fortunas arrastrando ao pobo traballador cara a miseria:

ü Máis do 30% da infancia do Estado atópase en risco de pobreza e exclusión.
ü En 35.500 fogares en Galiza e 770.000 fogares no conxunto do Estado non entra ningún tipo de salario, pensión, ou subsidio.
ü A poboación en paro supera o 22%, mentres que entre a xuventude os datos ascenden ate case o 50% tanto para Galiza como para o conxunto do Estado. Por outra banda, quen traballa faino en condicións de precariedade, case sempre con contratos temporais e salarios ridículos que dificilmente permiten subsistir.
ü Continúan os desafiuzamentos, aumenta a represión nas rúas, estase a condear á mocidade á emigración, négasenos a asistencia sanitaria e os medicamentos que poden supoñer a curación de enfermedades mortais (caso da Hepatite C), destruénse os sectores productivos tendo o exemplo do leite e a pesca en Galiza.
ü Dáselle o poder do Estado a potencias estranxeiras e privadas coa firma do Tratado de Libre Comercio (TTIP polas súas siglas en inglés) e cedendo cada vez máis poder á OTAN.
ü Cada día máis mulleres son vítimas da violencia machista sen que o Estado mova un dedo.
 Por todo isto, e máis…, chamámoste a seguir mobilizándonos coas Marchas da Dignidade ate conquerir PAN, TRABALLO E TEITO para todas e todos.
Convocaráse unha grande mobilización polas MMdD no Outono que se fará descentralizada, de xeito simultáneo, coordinada a nivel estatal na semana do 19 ao 25 de Outubro. Na Galiza, será o 24 de Outubro, data na que volveremos a ocupar o Obradoiro con distintas marchas que confluirán para volver a encher a emblemática praza.  O 24-O Imosss!!!
E, para quentar motores, o 8 de outubro convocaránse 7 manifestacions nas principais cidades galegas baixo o lema PAN, TRABALLO, TEITO E DIGNIDADE.  En Vigo faremos o percorrido habitual dende a Praza de Fernándo o Católico ate a Porta do Sol

luns, 21 de setembro de 2015

DOUS ANOS E MEDIO DA COLUMNA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE

DOUS ANOS E MEDIO DA COLUMNA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE. VIDEO RESUMO DAS NOSAS MOBILIZACIONS ELABORADO E CEDIDO ALTRUISTAMENTE POLO COLECTIVO AUDIOVISUAL  "LENTES DIVERXENTES".

CELEBRAMOS NA CORUÑA A II ASEMBLEA GALEGA DAS MMdD.

O pasado sábado, 19 de setembro, celebramos no Paraninfo da Universidade da Coruña, na Maestraza, a II Asemblea Galega das MMdD. A asistencia foi a prevista, exactamente cento trinta e seis compañeiros e compañeiras, procedentes de toda a xeografía galega. A Asemblea debatiu, fundamentalmente, sobre o estado actual do movemento en cada comarca do País e tamen sobre a planificación da movilización do 24-O, e a necesidade de volcarse no traballo por parte de todas e todos.
Na II Asemblea Galega das MMdD estiveron presentes organizacións sindicais como a CUT, o Sindicato Ferroviario, a CGT, o STEG, o SAGAP, e o Sindicato da Elevacion. Organizacions e colectivos políticos e sociais como as XXCC, Asemblea Popular, PAH, Asociación das Artes Escénicas, Podemos, Esquerda Unida, AGABO, Fronte Civica, A Esquerda, Accion Universitaria, PCG, Espazo Ecosocialista, ou grupos municipalistas como Marea Atlántica, Asemblea pola Unidade, Ourense en Comun ou AER.

Asistiron tamén a Asemblea, e interviron, as plataformas comarcais de Ferrol, A Coruña, Compostela, A Mariña, Lugo, Ourense, Barbanza, A Estrada, Pontevedra, Morrazo, Ponteareas, Redondela e Vigo.

As conclusións do debate centraronse na necesidade de profundizar nas MMdD como movemento genuino da unidade obreira e popular na rúa e para a movilización. Fixose fincape na necesidade de extender o chamamento a todo o País, para participar masivamente na mobilización do 24-O, sobre o Obradoiro.

A Marea Atlántica da Coruña e Ourense en Común comunicaron o seu compromiso expreso en chamar á veciñanza dos seus respectivos concellos para participar na mobilizacion do Obradoiro.
 O 24-O  IMOSSS!!!.

Ate conquerir PAN, TRABALLO E TEITO 

PARA TODAS E TODOS, 

Imosss!!!
O que recolleu a prensa:
LA OPINIÓN A Coruña

PRAZA PÚBLICA

RADIO CORUÑA - SER


FOTOS-  VIDEO

xoves, 17 de setembro de 2015

INFORMACIÓN DE INTERÉS SOBRE O DESENVOLVEMENTO DA II ASEMBLEA GALEGA, COMO CHEGAR, ETC…

Lembramos, de novo, na seguinte ligazón a Escaleta do acto:
                 fotos de archivo 
Esta poderá ser mudada, si se acorda ao comenzo, e tendo en conta o nivel de asistencia das Comarcas, no senso de ampliar o tempo de intervencións das distintas organizacións que conforman a Columna Galega, e das persoas asistentes a título individual. En calqueira caso as organizacións terán voz con UNHA persoa por organización. "Se piden turnos de palabra e se respectan os tempos". Lembrade que a Asemblea é un espazo de convivencia e de respecto. Se non nos respectamos nós, mal asunto.


Para chegar ao lugar da Asemblea:




Hai que chegar ata o centro da cidade, e onde está a Delegación do Desgoberno, coller a rúa Alférez Provisional cara o Túnel da Mariña, seguir o túnel ata o final, seguir ata a aegunda rotonda e pillar a Avda do Metrosidero ata o final, nesa zona xa hai sitio onde aparcar, pero podedes chegar á rúa Maestranza (seguindo todo recto) e logo aparcar no propio sitio, na praza interior, que haberá tamén prazas. Se hai máis coches que prazas, a esa hora non haberá problema en atopar sitio nos arredores. 
Veña, vémonos o sábado e O 24-O  IMOSSS!!!.

ONTE XUNTANZA DA PLATAFORMA VIGUESA DAS MMdD NA SEDE DA FAVEC EN VIGO.

Conforme á orde do día proposta, na xuntanza da Plataforma Viguesa, onte no local da FAVEC, analizamos o desenvolvemento da campaña “O-24-O Imosss!!!,  na nosa comarca e debatemos sobre o estado actual e a evolución do movemento a nivel Galego, e a nivel Estatal, así como sobor das perspectivas de futuro das Marchas da Dignidade.


Acordamos repartir e organizar o traballo para garantir a presenza de Vigo e Comarca o día 19 en A Coruña e finalmente eleximos voceiro da nosa Plataforma para intervir na II Asemblea Galega do día 19, responsabilidade que, ao cabo, recaeu no compañeiro FERNANDO ARMENDARIZ. 
Unha mágoa que a proposta inicial de que fose unha muller non prosperase, xa que ninguna das catro que estaban presentes aceptou o feito de asumir a portavocía.
E mañán seguimos!!!. As 20:00h no Centro Neural de GONDOMAR.
Pegada de cartaces para a II Asemblea nas rúas de A Coruña.

 O día 19 Vigo e Comarca Imosss! á Coruña e...
 O 24-O  IMOSSS!!!.

martes, 15 de setembro de 2015

XA ESTÁ A PUNTO O "MERCHANDISING" DAS MARCHAS DA DIGNIDADE. CONTRIBUE, COLABORA PORQUE O 24-O Imosss!!!

Xa podes facerte con unha camiseta ou unha chapa das que diporemos de contado na Plataforma Galega. Podes encargala na túa Plataforma Local ou comarcal. O vindeiro sábado teremos un "stand" na Maestranza,  na entrada ao Paraninfo da Universidade de A Coruña, donde se vai celebrar a II Asemblea Galega das MMdD.
Poñeranse a venda a camiseta a 5€ e a chapa a 1€ o que nos deixará un pequeno marxe de axuda para sufragar aqueles gastos que imos contraendo na convocatoria dos distintos eventos e tamen para contribuir a abaratar costes nos transportes etc... a todas aquelas persoas que non dispoñen de recursos suficientes pero queren estar, e están, apoiando as MMdD. Por cartos que non sexa!!!. Contamos ca solidaridade de todas e todos porque todas e todos...
O 24-O  IMOSSS!!!.
Doutra banda  dende a comisión de xestión económica da Columna Galega os compañeiros responsables nos lembrar que compre que todas as organizacións, colectivos e plataformas se poñan ao día na cuota de participación que se acordou establecer. O formulorio e condicions de inscripción atopase aloxado neste blogue . Pinchando na pestaña superior esquerda na seguinte ligazón:


luns, 14 de setembro de 2015

PROGRAMA, HORARIO, ORDE DO DÍA E CARTAZ PROPOSTOS POLA COMISIÓN ORGANIZADORA DA II ASEMBLEA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE A CELEBRAR O 19 DE SETEMBRO NO PARANINFO DA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA (Rúa da Maestranza, 9).

A Comisión Coordinadora Galega das Marchas da Dignidade, na xunzanza do 8 de xullo na “Casa das Asociacions” en Compostela acordou convocar a II Asemblea Galega das Marchas da Dignidade a celebrar en A Coruña  o 19 de setembro, e do mesmo xeito acordou que fose no seo da Plataforma de A Coruña donde se nomease unha Comisión Organizadora para levar a cabo os traballos preparatorios.
Todas as propostas que dita Comisión veu realizando foron trasladadas a debate, para suxerencias, achegas, e/ou enmendas durante este tempo, pola vía  e-mail, a traves da conta do grupo de correo na que estamos todas as organizacións e colectivos con pertenza de pleno dereito a Columna Galega das MMdD, e así se elevou a definitivo o  día 8 de setembro.

domingo, 13 de setembro de 2015

SEGUIMOS TRABALLANDO ARREO, A LOITA É O UNICO CAMIÑO, " RÚA ARRIBA E RÚA ABAIXO": ESTA SEMANA ASEMBLEAS ABERTAS EN VIGO, REDONDELA E GONDOMAR.

Sigue o traballo de difusión e consolidación das Asembleas locais e comarcais das Marchas da Dignidade.
De cara a garantir a participación na II Asemblea Galega a celebrar o día 19 na Coruña e a mobilización de Outubro sobre o Obradoiro nesta semana estanse a intensificar os traballos e xuntanzas en toda a comarca de Vigo.

DENDE A COMARCA DE VIGO, O 24-O  IMOSSS!!!.

Ate conquerir PAN, TRABALLO E TEITO 

PARA TODAS E TODOS, 

Imosss!!!


sábado, 12 de setembro de 2015

O MORRAZO ESTARÁ NA ASEMBLEA DA CORUÑA E NO 24 O.

Onte tiveron lugar asembleas das MMdD en Cangas e Marín, actos preparativos do 24-O. Tanto nunha coma outra asemblea púxose énfase na necesidade de socializar o chamamento e no compromiso da participación plural e transversal, única maneira de camiñar á unidade obreira e popular na rúa.

Para a asemblea do 19 na Coruña, haberá un autobús que saindo de Cangas ás 8 da mañá, recollerá xente en Bueu e Marín. Aínda hai prazas e para reservar asento hai que chamar ó 986 39.20.03.




NO MORRAZO, IMOS!!!!

venres, 11 de setembro de 2015

SIN MOBILIZACIÓN NON HAI SOLUCIÓN. ADIANTE CAS MARCHAS DA DIGNIDADE. O 24 DE OUTUBRO, Imosss!!!

A CUT (Central Unitaria de Traballadores/as) que forma parte das Marchas da Dignidade,  e que foi un dos principais motores impulsores no seu nacemento,  reanuda hoxe as concentracions dos venres diante do Concello de Cangas.
“Cumprironse 3 anos de concentracións e manifestacións semanais…”

Olla a nova no Faro de Vigo de hoxe.

http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2015/09/11/cut-regresa-hoy-concentraciones-concello/1311812.html

Doutra banda na sesión plenaria do seu máximo órgano de dirección, o Secretariado Nacional, celebrada onte, volveuse a incidir na aposta clara desta Central Sindical pola convocatoria do 24-O,  tal e como recollen na súa páxina web:

 “A CUT defende a necesidade de xerar as condicións subxectivas para un cambio real, que trascenda o apodrecido réxime institucional e económico actual, e que signifique incidir no protagonismo que a unidade popular e obreira na rúa debe ter neste proceso, como motor de calquera transformación social que se pretenda duradeira. Neste sentido as MMdD son o instrumento chave neste momento a reforzar para avanzar na dirección do Pan, o Traballo e o Teito para todas e todos, un camiño longo e duro mais acolledor ao paraugas da dignidade e a unidade das clases populares do noso país “.

O 24-O  IMOSSS!!!.

Ate conquerir PAN, TRABALLO E TEITO 

PARA TODAS E TODOS, 

Imosss!!!