sábado, 15 de agosto de 2015

POLA SANIDADE PÚBLICA Imosss!!!

As marchas da dignidade “nacemos para quedarnos”, e por iso estamos traballando arreo preparando o noso compromiso ca semana de loita estatal descentralizada de outono (19 ao 25 de outubro). En Galiza o acordo e facer unha marcha sobre o Obradoiro o 24 de Outubro, e nesa campaña estamos:
O 24-O Imosss!!!, mais non podemos esquecer que o principal obxectivo das Marchas da Dignidade é artellar unha movilización unitaria, masiva, contundente e sostida no tempo, contra un sistema, un réxime, e uns gobernos que nos agreden e que non nos representan. Unha movilización continuada contra as políticas que nos impoñen e que atentan contra os dereitos fundamentais das persoas espallando desigualdade e inxustiza social.  
Con humildade, pero con firmeza e convencemento, seguimos traballando nese necesario proceso de acumulación de forzas que iniciamos o 22M. A unidade de clase, hoxe máis que nunca, é imprescindible, e por iso apoiamos, e nos sumamos, a todas as loitas e reivindicacions sectorias co ánimo de acadar ese vector converxente que xeneran os diferentes frentes de loita para asestarlle un golpe definitivo ao sistema.
Xa lles abonda de nos roubar: vivendas, empregos, salarios, pensións, saúde, educación e os dereitos básicos para levar unha vida minimamente digna, e por iso, mañan, “toca de novo", sair ás ruas  para enchelas de dignidade e de rebeldía en defensa da SANIDADE PÚBLICA.
Mañá, domingo 16 de agosto, A MAREA BRANCA mobilízase pola defensa da sanidade pública, en Compostela no Toural, e A Coruña, Obelisco, ás 12:30. Tamén en outras varias cidades do resto do estado, e as Marchas da Dignidade participaremos nesas concentracions.. 
Animamos a todas as persoas e organizacións que forman parte das MARCHAS DA DIGNIDADE, a que acudades. Xogámonos moito.
MAÑAN TOCA POLA SANIDADE, E O 24-O Imosss!!! ó Obradoiro.
Ate conquerir PAN TRABALLO E TEITO PARA TODAS E TODOS, Imosss!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario