martes, 11 de agosto de 2015

EXPOFOTO 24-Obradoiro DAS MMdD NO MORRAZO

Desde este luns está aberta ó público no salón de actos da sede da CUT en Cangas, unha exposición fotográfica sobre o percorrido DA Columna Galega das MMdD ate hoxe. O material da mostra é dxs fotógrafxs Xabi Castro, Sonia Daponte e Miguel Núñez e estará exposta ó público durante un mes. Ó remate, con toda probabilidade a EXPOFOTO 24-Obradoiro tamén poderá ser visitada en Bueu, Marín e Moaña.

No Morrazo, comezamos deste xeito o traballo de cara ó 24-O, e tamén damos inicio á incripción dxs compañeirxs que asistirán á II Asemblea Nacional na Coruña, o vindeiro sábado 19 de setembro, onde temos prevista a asistencia de 60 compas da nosa bisbarra.



1 comentario: