martes, 4 de agosto de 2015

ENTREVISTA A MANOLO CAMAÑO EN SANTIAGO TV.


No programa "Tempo de conversa" de Santiago TV, onte entrevistaron a Manolo Camaño como voceiro da columna galega das MMdD.

Aproveitou a oportunidade para presentar públicamente a nova folla de ruta acordada pola Columna Galega das Marchas da Dignidade.

***  19 de setembro II Asemblea Nacional das MMdD no paraninfo da universidade de A Coruña
***   8 de outubro sete grandes manifestacións nas principaIs cidades de Galiza.
*** 24 de outubro MARCHAS que culminarán as 12 do mediodía na PRAZA DO OBRADOIRO

Hoxe a necesidade que temos de mobilizarnos está máis vixente que nunca, ben ao contrario do que pretenden vendernos dende os gobernos de turno e nos trasladan, os seus afins medios de comunicación de masas.

Minten, con descaro, cando nos dín que estamos saíndo da crisis. Todos e todas estamos a ver que cada vez é maior o deterioro das nosas condicións de vida. Nos impoñen a represión por lei, pensan que con eso nos van a amedrentar pero non o van a conseguir. Continúan cos recortes sociais, co expolio do público, ca precarización socio-laboral…A nosa xuventude, cada día máis,  emigra, moi ao seu pesar, porque non lles queda outra. Que máis temos que agardar?...

O 24-O   Imosss!!! 
Ocupemos, de novo o Obradoiro
Ate  conquerir  PAN, TRABALLO E TEITO para  todas e todos…, Imossss!!!


1 comentario: