luns, 31 de agosto de 2015

III CIRCULAR A TODAS E TODOS OS COMPOÑENTES E SIMPATIZANTES DA COLUMNA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE 28.08.2015

Programados 4 actos comarcais de cara a II Asemblea Galega das Marchas da Dignidade na primeira quincena de setembro.
Continúan as inscripicións para a devandita Asemblea. Demandamos un novo impulso con folgos renovados tralas vacacions. Seguimos traballando arreo para sentar as bases de cara a unha esitosa mobilización das MMdD no outono.

CON OU SEN ELECCIONS, SEN MOBILIZACION NON HAI SOLUCIÓN.
O 24-O  IMOSSS!!!.
Ate conquerir PAN, TRABALLO E TEITO PARA TODAS E TODOS, Imosss



sábado, 15 de agosto de 2015

POLA SANIDADE PÚBLICA Imosss!!!

As marchas da dignidade “nacemos para quedarnos”, e por iso estamos traballando arreo preparando o noso compromiso ca semana de loita estatal descentralizada de outono (19 ao 25 de outubro). En Galiza o acordo e facer unha marcha sobre o Obradoiro o 24 de Outubro, e nesa campaña estamos:
O 24-O Imosss!!!, mais non podemos esquecer que o principal obxectivo das Marchas da Dignidade é artellar unha movilización unitaria, masiva, contundente e sostida no tempo, contra un sistema, un réxime, e uns gobernos que nos agreden e que non nos representan. Unha movilización continuada contra as políticas que nos impoñen e que atentan contra os dereitos fundamentais das persoas espallando desigualdade e inxustiza social.  
Con humildade, pero con firmeza e convencemento, seguimos traballando nese necesario proceso de acumulación de forzas que iniciamos o 22M. A unidade de clase, hoxe máis que nunca, é imprescindible, e por iso apoiamos, e nos sumamos, a todas as loitas e reivindicacions sectorias co ánimo de acadar ese vector converxente que xeneran os diferentes frentes de loita para asestarlle un golpe definitivo ao sistema.
Xa lles abonda de nos roubar: vivendas, empregos, salarios, pensións, saúde, educación e os dereitos básicos para levar unha vida minimamente digna, e por iso, mañan, “toca de novo", sair ás ruas  para enchelas de dignidade e de rebeldía en defensa da SANIDADE PÚBLICA.
Mañá, domingo 16 de agosto, A MAREA BRANCA mobilízase pola defensa da sanidade pública, en Compostela no Toural, e A Coruña, Obelisco, ás 12:30. Tamén en outras varias cidades do resto do estado, e as Marchas da Dignidade participaremos nesas concentracions.. 
Animamos a todas as persoas e organizacións que forman parte das MARCHAS DA DIGNIDADE, a que acudades. Xogámonos moito.
MAÑAN TOCA POLA SANIDADE, E O 24-O Imosss!!! ó Obradoiro.
Ate conquerir PAN TRABALLO E TEITO PARA TODAS E TODOS, Imosss!!!


mércores, 12 de agosto de 2015

II CIRCULAR DA COLUMNA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE_11 Agosto 2015

ABERTA A INSCRIPCIÓN ON-LINE PARA A II ASEMBLEA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE QUE CELEBRAREMOS O SÁBADO 19 DE SETEMBRO NO PARANINFO DA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA. 
NON DEMORES, INSCRIBERTE XA!!!,  E RESERVA PARA COMER 
A PRECIOS POPULARES


O 24-O  IMOSSS!!!.
Ate conquerir PAN, TRABALLO E TEITO PARA TODAS E TODOS, Imosss!
https://drive.google.com/file/d/0B4q_Hj_9LGQSOW1Rd2JJTldZaDg/view?usp=sharing

EL KAMION DE LA BASURA. “Diles que se vayan”



Entre abril e maio do 2014, a banda alicantina “El Kamion de la Basura” compuxo e grabou a banda sonora de Diles que se vayan, un documental realizado polo colectivo de Peridistas do 22M, Reproducimos aquí a grabación para dar testemuña, e como agradecemento, ao seu traballo altruista e solidario.

Liga á súa paxina web.  http://www.elkamiondelabasura.com/


“DILES QUE SE VAYAN “- Documental das Marchas da Dignidade - @Periodistas22M


Liga aquí para coñecer o desenvolvemento do proxecto deste video que nunha hora de duración da metraxe trata de representar a parte máis humana das Marchas da Dignidade do 22 de marzo de 2014. Un traballo que acompaña o camiñar
das diferentes columnas e que amosa no seu percorrido ate Madrid a testemuña de moitos e moitas persoas que participaron nesta convocatoria, E agora seguimos do 19 ao 25 de outubro nova semana de loita estatal e na Galiza o 24-O de novo imos ocupar o Obradoiro.



As Galegas e os Galegos, o 24-O Imosss!!!

martes, 11 de agosto de 2015

A ASEMBLEA POLA UNIDADE ANIMA A MARCHAR CARA O OBRADOIRO O 24 DE OUTUBRO.

“A nosa organización referendou en Marzo de 2015 e antes do 1º de maio, ás mobilizacions das Machas da Dignidade. Polo tanto, non é nova a aposta do noso colectivo pola mobilización permanente como soporte clave do cambio progresista real nas institucions para posibilitar un outro sistema que non agreda sistemáticamente á maioría social.”
 A ASEMBLEA POLA UNIDADE O 24-O  Imosss!!!

“OS NINGUÉNS” GRUPO DE ACTIVISMO SOCIAL VIGUÉS AMOSAMOS O NOSO APOIO INCONDICIONAL AO MOVEMENTO DAS MARCHAS DA DIGNIDADE. O 24-O Imosss!!!

“Desde "os Ninguéns" animámosvos a sumarvos ao proxecto das Marchas da Dignidade, un exemplo de traballo horizontal e cidadán pola recuperación das necesidades básicas: Pan, Traballo e Teito, así como a colaborar nos próximos actos convocados, dos que seredes informados previamente e que deben ser xerme da unión pola xustiza social.” 

Somos un grupo de persoas de distintas profesións e situacións sociais con dilatada experiencia no activismo social que nos xuntamos en Vigo e vimos traballando dende o derradeiro mes de maio. Pretendemos aglutinar a profesionais socioeducativos, intelectuais e activistas para conformar un equipo multidisciplinar que loite contra as graves carencias nos servizos sociais e nos persoais das institucións públicas. Tomamos prestado o nome dun poema de Galeano:

Eduardo Galeano: “Libro dos abrazos”
 “As pulgas sonham em comprar um cão, e os ninguéns com deixar a pobreza, que em algum dia mágico de sorte chova a boa sorte a cântaros; mas a boa sorte não chova ontem, nem hoje, nem amanhã, nem nunca, nem uma chuvinha cai do céu da boa sorte, por mais que os ninguéns a chamem e mesmo que a mão esquerda coce, ou se levantem com o pé direito, ou comecem o ano mudando de vassoura.

Os ninguéns: os filhos de ninguém, os dono de nada.
Os ninguéns: os nenhuns, correndo soltos, morrendo a vida, fodidos e mal pagos:
Que não são embora sejam.
Que não falam idiomas, falam dialetos.
Que não praticam religiões, praticam superstições.
Que não fazem arte, fazem artesanato.
Que não são seres humanos, são recursos humanos.
Que não tem cultura, têm folclore.
Que não têm cara, têm braços.
Que não têm nome, têm número.
Que não aparecem na história universal, aparecem nas páginas policiais da imprensa local.
Os ninguéns, que custam menos do que a bala que os mata.”

Os Ninguéns o 24-O  Imosss!!!
        

A ASEMBLEA POPULAR DE VIGO CAS MARCHAS DA DIGNIDADE. O 24-O Imosss!!!

Na Asemblea Popular de Vigo (continua) que forma parte das Marchas da Dignidade, facemos nosos os obxetivos de esta. Engadimos as particularidades locais, apoiamos os colectivos que loitan polas desigualdades sociais, contra a pobreza e a marxinalidade, así como a loita contra a represión é a solidaridade.
-Dende este medio pedimola túa colaboración e participación en todolos actos que protagonizaremos o apoiaremos. 
Se tendes algunha idea o prioridades que consideredes singnificativas, facenoslo saber....
Nós o 24-O, Imosss!!!

Visita o noso grupo aberto no facebook
https://www.facebook.com/groups/1599726650284157/

EXPOFOTO 24-Obradoiro DAS MMdD NO MORRAZO

Desde este luns está aberta ó público no salón de actos da sede da CUT en Cangas, unha exposición fotográfica sobre o percorrido DA Columna Galega das MMdD ate hoxe. O material da mostra é dxs fotógrafxs Xabi Castro, Sonia Daponte e Miguel Núñez e estará exposta ó público durante un mes. Ó remate, con toda probabilidade a EXPOFOTO 24-Obradoiro tamén poderá ser visitada en Bueu, Marín e Moaña.

No Morrazo, comezamos deste xeito o traballo de cara ó 24-O, e tamén damos inicio á incripción dxs compañeirxs que asistirán á II Asemblea Nacional na Coruña, o vindeiro sábado 19 de setembro, onde temos prevista a asistencia de 60 compas da nosa bisbarra.



mércores, 5 de agosto de 2015

TODAS E TODOS CAS MARCHAS DA DIGNIDADE: EL TÍO LA CARETA. Pan, Trabajo y Techo.(Vídeo Clip Oficial)


Porque nos gustou a iniciativa axudamos dende aquí a difundir o Vídeo Clip oficial do tema "Pan, Trabajo y Techo". Tema do grupo valenciano “El tío de la Careta” que forma parte do seu álbum 2015; "Levantando Los Pies Del Suelo" 

LEMBRADE: SEMANA DE LOITA ESTATAL DAS MARCHAS DA DIGNIDADE DO 19 AO 25 DE OUTUBRO E, NA GALIZA...

O 24-O  IMOS!!!

martes, 4 de agosto de 2015

MAIS NOVAS SOBOR DO 24-O. IMOSSS!!!

Ca presenza de numerosas organizacions, movementos sociais e persoas a título individual, o luns 29 de xullo a Columna Galega das Marchas da Dignidade presentamos en Compostela, na emblemática Praza do Obradoiro, a nosa folla de Ruta para 2015. 
"As Marchas da Dignidadde naceron para quedarse". 
O 24-O Imosss!!!

ENTREVISTA A MANOLO CAMAÑO EN SANTIAGO TV.


No programa "Tempo de conversa" de Santiago TV, onte entrevistaron a Manolo Camaño como voceiro da columna galega das MMdD.

Aproveitou a oportunidade para presentar públicamente a nova folla de ruta acordada pola Columna Galega das Marchas da Dignidade.

***  19 de setembro II Asemblea Nacional das MMdD no paraninfo da universidade de A Coruña
***   8 de outubro sete grandes manifestacións nas principaIs cidades de Galiza.
*** 24 de outubro MARCHAS que culminarán as 12 do mediodía na PRAZA DO OBRADOIRO

Hoxe a necesidade que temos de mobilizarnos está máis vixente que nunca, ben ao contrario do que pretenden vendernos dende os gobernos de turno e nos trasladan, os seus afins medios de comunicación de masas.

Minten, con descaro, cando nos dín que estamos saíndo da crisis. Todos e todas estamos a ver que cada vez é maior o deterioro das nosas condicións de vida. Nos impoñen a represión por lei, pensan que con eso nos van a amedrentar pero non o van a conseguir. Continúan cos recortes sociais, co expolio do público, ca precarización socio-laboral…A nosa xuventude, cada día máis,  emigra, moi ao seu pesar, porque non lles queda outra. Que máis temos que agardar?...

O 24-O   Imosss!!! 
Ocupemos, de novo o Obradoiro
Ate  conquerir  PAN, TRABALLO E TEITO para  todas e todos…, Imossss!!!