mércores, 8 de xullo de 2015

HOXE XUNTANZA EN COMPOSTELA DA COMISIÓN COORDINADORA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE ACADANDO ACORDOS E NOVOS FOLGOS DE CARA A MOBILIZACION DE OUTONO QUE AMOSAN A DISPOSICIÓN, O TALANTE POSITIVO E AS GANAS DE TIRAR PARA ADIANTE, CO XA INICIADO, DA COLUMNA GALEGA


Ca asistencia, e representación, das plataformas locais e comarcais de Compostela, A Estrada, Ferrolterra e Vigo, das organizacións CUT, SF.Intersindical, CGT, STEG, S.E., FC-SM, XX.CC., PCG e o apoio, excusando a súa presenza por mor da axenda, do SLG, EU/IU, e ECOAR a mais dos compañeiros de Lentes Diverxentes,  mantivemos hoxe una nova xuntanza da Coordinadora Galega das MMdD  no Centro Social da antigua estación ferroviaria de Cornes en Compostela.
Unha xuntanza positiva, dinámica e productiva na que acadamos importantes acordos de cara a establecer una folla de ruta para a prevista movilización das MMdD no Outono.

ACORDOS:
*-  Convocar a II Asemblea Nacional das MMdD Galegas en A Coruña, o vindeiro 19 de Setembro nomeando una comisión organizadora da mesma que se porá a traballar dende xa!.
*-   Si do acordo estatal finalmente resulta, como se está barallando, unha movilización descentralizada na semana do 19 ao 25 de outubro convocar, aquí, unha nova movilización nacional galega coordinada sobre Compostela o 24 de Outubro e, previamente, nese mes convocaremos 7 grandes manifestacions tamén descentralizadas nas sete cidades galegas, o xoves 8 de outubro.
*-    A partir de mañan mesmo abrese un periodo de debate local e comarcal que desembocará na convocatoria de unha ROLDA DE PRENSA da Columna Galega das MMdD na Praza do Obradoiro en Compostela o 29 de Xullo para anunciar a folla de ruta definitiva cos matices que poidan xurdir.

Outros acordos:
*- Constituir unha comisión de comunicación, imaxe e divulgación que mellore e optimice os medios cos que contamos actualmente de tal xeito que a nosa mensaxe sexa uniforme e poida chegar a todos os currunchos do país.
*- Constituir unha comisión de “extensión” do movemento Marchas da Dignidade en Galiza formada por catro ou cinco persoas representantes da pluralidade da columna galega  que entre o 19 de Setembro e o 24 de Outubro se adicarán a  percorrer o país para fomentar xuntanzas e debates, sobre todo naquelas zonas donde se atopan eivas mais importantes, e que contarán, para facer este traballo, co apoio de  un video que, sobre o xa afeito ate de agora, prepararán os compañeiros de Lentes Diverxentes.

Imossss!.  
Ate conquerir PAN, TRABALLO E TEITO para todas e todos…,Imossss! 


Ningún comentario:

Publicar un comentario