martes, 28 de xullo de 2015

CONVOCATORIA DE ROLDA DE PRENSA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE _ MÉRCORES DÍA 29 DE XULLO, ÁS 12:00 HORAS NA PRAZA DO OBRADOIRO

O vindeiro mércores día 29, ás 12 da mañá, na Praza do Obradoiro, as Marchas da Dignidade (MMdD), convocan unha Rolda de Prensa para presentar unha nova mobilización, que terá lugar o sábado 24 de outubro nas rúas de Compostela e culminará na Praza do Obradoiro.
Para as MMdD, organización con máis de 300 colectivos e organizacións que a integran en todo o estado, as razóns que nos levaron á rúa fai dous anos seguen máis vixentes que nunca. A situación da clase traballadora e os sectores populares, lonxe de mellorar, segue cautiva do sofrimento e da desesperanza consustanciais ás políticas neoliberais que nos impón a Troika. Á convocatoria a esta rolda é para explicar os motivos da mobilización e o desenvolvemento da mesma.

Seguimos reivindicando: Pan, traballo e teito.
 O 24-O Imosss!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario