luns, 9 de marzo de 2015

WILLY TOLEDO E DIEGO CAÑAMERO ESTIVERON HOXE NUN ACTO EN APOIO DA COLUMNA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE EN A CORUÑA, E MAÑAN ESTARÁN EN SANTIAGO DE COMPOSTELA E VIGO. AS 11 DA MAÑAN, ESTARÁN NO OBRADOIRO (Diante da escalinata da Catedral), ACOMPAÑANDO A REPRESENTANTES DA COLUMNA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE NUNHA ROLDA DE PRENSA E POLA TARDE PARTICIPARÁN NO ACTO PROGRAMADO NO CENTRO CÍVICO DE TEIS EN VIGO.


Mañán, Martes, 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, representantes da Columna Galega das Marchas da Dignidade, ás 11:00 horas, na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, darán unha Roda de Prensa acompañados por Willy Toledo, actor, e Diego Cañamero, portavoz do Sindicato Andaluz de Traballadores (SAT), co obxecto de presentar publicamente a participación da Columna Galega nos actos e nas mobilizacións que terán lugar o vindeiro 21 de Marzo en Madrid en defensa do "Pan, Traballo e Teito" que veñen reivindicando e no marco da campaña: "Voltamos a Madrid".
Xa pola tarde estarán noutro acto en Vigo , no Centro Cívico de Teis. Ás 20:00 h.


O 21 DE MARZO AS MARCHAS DA DIGNIDADE 
VOLVEREMOS A TOMAR AS RÚAS DE MADRID.
CAMIÑANDO CARA A FOLGA XERAL
P A N, T R A B A L L O,  E  T E I T O


Ningún comentario:

Publicar un comentario