xoves, 26 de marzo de 2015

Lei Mordaza

Lei Mordaza - Comunicado ECOAR)))

Hoxe apróbanse definitivamente as coñecidas popularmente como Leis Mordaza (a Lei de Seguridade Cidadá e a Reforma do Código Penal) que entrarán en vigor o 1 de xullo de 2015. O maior recorte de dereitos feito por un goberno dende o fin da ditadura franquista.

A crise, provocada por un sistema que se basea na idea errada de crecemento infinito continuo e na filosofía do “todo vale”, xustifica todo tipo de agresións ás persoas e ao medioambiente sempre e cando se obteña un beneficio económico. Esta situación estourou no ano 2007 e provocou un incremento progresivo da tensión, a organización e a resposta social. Fronte a un sistema en caída libre a finais do 2010 xerouse a coñecida como primavera árabe que logo iría prendendo noutras partes do mundo, ata chegar ao mesmísimo corazón do capitalismo actual, Wall Street.

Con estas mobilizacións iniciouse un novo ciclo de protesta que incluíu novos tipos de actuación e organización, así como un aumento cuantitativo e cualitativo de colectivos, iniciatovas e persoas que se dedican a combater estas políticas e a ofrecer alternativas.

Fronte a esta situación os gobernos de cada país deron en reaccionar de diversos xeitos, se ben é certo que todos se caracterizaron por intentar criminalizar a protesta ou, canda menos, por intentar xerar unha imaxe social da mesma como grupos violento. A imposibilidade de deter a actividade de resposta social por parte das  estruturas de poder coas ferramentas que estaban marcadas de antemán, implicou que, como é o caso do estado español, moitos deses gobernos optasen por xerar un novo marco lexislativo a través do cal poder establecer como ilegal o exercicio de dereitos básicos perfectamente recoñecidos na lexislación internacional.

Así pois, o goberno actual en conivencia con outras forzas políticas (especialmente do PSOE) ten aprobado unha batería lexislativa que pretende crear un mecanismo de control da cidadanía a través da represión e a supresión dos dereitos desta. Así pois a nova Lei de Seguridade Privada (Lei 5/2014) ou a Reforma Antiterrorista, son só algunhas destas novas normativas que están determinadas polo seu carácter impreciso e amplo (o que deixa aberta á interpretación a consideración de cada caso), e pola consideración de que quen se opón ao sistema é un suxeito sen dereitos que debe ser reprimidx e controladx.

Se ben é certo o grao máximo deste marco punitivo márcao a aprobación das dúas normativas aprobadas hoxe definitvamente: Lei de Seguridade Cidadá e a Reforma do código penal. Estas dúas normas contan co rexeitamento do 82% da poboación española (Metroscopia, 09/12/14) e co “frontal rexeitamento” por parte do Consello de Dereitos Humanos das Nacións Unidas (ONU) pois son moi claras as “limitacións ás liberdades de expresión e de reunión, así como en materia de delitos antiterroristas […] que ameazan con violar dereitos e liberdades fundamentais dos individuos”.

A introdución da prisión permanente revisable (cadea perpetua encuberta), a criminalización da manifestación pacífica, a limitación dos dereitos de reunión e asociación ou as penas por gravar abusos por parte da policía, son só algunhas das modificacións neste novo marco lexislativo que pretende a penalización da lexitima protesta e contestación social, o aumento da represión (materia pola que o estado español xa está denunciado por diversas institucións e organismos internacionais) e a criminalización e o control social das persoas empobrecidas que buscan o exercicio dos seus dereitos.

http://ecoarglobal.org/lei-mordaz/

1 comentario:

  1. salir a las calles no es suficiente, que pasaria si la novela "la revolución de los angeles" cundiera el ejemplo, seria una solución

    ResponderEliminar