mércores, 4 de marzo de 2015

CARTAZ DEFINITIVO PARA O ACTO DE APOIO Á COLUMNA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE QUE TERÁ LUGAR EN VIGO, NO AUDITORIO DE TEIS O 10 DE MARZO ÁS 20:00 HORAS.. .... O 21M VOLVEMOS A MADRID. SÚBETE AO TREN DA DIGNIDADE.

O 10 de Marzo, data na que celebramos o DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA, contaremos en Vigo ca presenza de Diego Cañamero e Willy Toledo nun acto de apoio á columna galega das MMdD que, co resto de columnas de todo o estado, unha vez máis, nos trasladaremos a Madrid este 21 de Marzo para seguri reclamando “ante la villa y corte”, PAN TRABALLO, TEITO, E DIGNIDADE. QUE SE VAIAN XA!!!.
O acto que terá lugar no Auditorio de Téis as 20:00 será presentado pola actriz galega MÓNICA CAMAÑO, e contará, ademáis, cas intervencións da voceira da Plataforma de Afectados pola Hepatiti C en Galiza, XULIA ALONSO, a activista social da Plataforma do Valmiñor, TEREIXA OTERO (MMM) e o Secretarió Xeral da CUT que forma parte da Plataforma do Morrazo, MANOLO CAMAÑO. 

Na Vispera, o día 9 , Willy Toledo e Diego Cañamero participarán, noutro acto similar, no Circo de Artesans en A Coruña as 19:30 e, pola noite, estarán en directo no plató de V Televisión participando no programa "Vía V" de Fernanda Tabarés.

Ningún comentario:

Publicar un comentario