venres, 6 de marzo de 2015

ACORDO DA COMISIÓN COORDINADORA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE DE APOIAR E PARTICIPAR ACTIVAMENTE NAS IMPORTANTES MOBILIZACIÓNS QUE TERÁN LUGAN NA VINDEIRA SEMANA.





8 DE MARZO, apoio sin condicións ás convocatorias unitarias do movemento fenimista no día Internacional da Muller Traballadora. cumplindo co calendario de mobilizacions, tamén acordado a nivel estatal. Lembremos que xa o cartaz galego do 21M  leva unha referencia a esta mobilización. 


Chamamos a participar a toda a Plataforma Galega das Marchas da Dignidade  e a toda a cidadanía a participar activamente na manifestación unitaria que sairá ás 12:00 en punto da Estación de tren de Compostela.



DO 9 DE MARZO  Ainda que se trata de unha mobilización local nos parece moi importantes e que cabe dentro da nosa campaña contra a Represión.  Denúnciase a violencia policial e as mentiras nas declaracións no xuzgado alentadas dende o propio concello por ese pedazo alcalde que ten Vigo..e  que levaron a Xurxo, un veciño de Coia a ser condeado a un ano de cadea e unha imortante multa que non pode asumir.

ligazón a noticiasvigo:  http://www.noticiasvigo.es/asamblea-de-movimientos-sociales-de-vigo-considera-la-condena-a-xurxo-un-espeluznante-atentado-contra-el-derecho-de-rebelion/
Na Asemblea de onte día 4, en Coia acordaron unha concentración frente as dependencias da Policía  Local, no Concello  este luns, día 9,  ás 10 da mañan na que dende as MMdD chamamos a participar.

A Plataforma Galega das Marchas  acordamos reproducir integro este texto que envían dende a Plataforma de Pontevedra e que ven ao caso....
Basta de represión contra o pobo traballador
 A escalada represiva por parte do Estado e os seus aparatos non cesa. Neste momento onde a crise se agudiza, intensifícase tamén a represión contra toda aquela persoa que se organice para mellorar as súas condicións de vida.
A semana pasada eran xulgados 7 estudantes en Ourense por participar nunha folga en outubro de 2012. Pídenlles ata 5 anos de cadea por se mobilizaren contra os brutais recortes no ensino que non fan máis que privatizar e elitizar a educación.
Asemade, a vindeira semana, comeza en Barcelona outro xuízo político máis, desta volta contra Dani e Isma, mozos acusados de atentado e resistencia á autoridade, desta volta o seu delito foi participar na folga xeral do 29 de marzo de 2012.
Por se isto fora pouco, esta semana foi condenado a 1 ano de prisión Xurxo, veciño de Coia detido por protestar contra a colocación do barco “Bernardo Alfageme”.
A represión está presente en todo o país, en Pontevedra esta mesma semana un alumno foi expulsado pola Policía Nacional da súa propia clase por informar días antes da folga do 26F no seu centro de estudos.
Ante todo isto, as Marchas da Dignidade na Galiza queremos expresar a nosa condena á brutal represión á que o pobo traballador e as clases populares nos vemos sometidas.
Os poderes políticos e finaceiros están nerviosos e non van permitir que o pobo organizado lles arrebatemos o poder.
Pedimos, unha vez máis a derrogación da “Lei Mordaza”
Xa abonda de xuízos políticos
Stop represión

LIGAZÓN A TODA A INFORMACIÓN SOBRE AS MOBILIZACIONS DAS MMdD CONTRA A LEI MORDAZA  EN TODO O ESTADO:
.http://marchasdeladignidad.org/24-y-25e_noleymordaza_22m/


DO DÍA 10 DE MARZO, DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA. 43 anos despóis seguimos a lembrar e a denunciar o vil asesinato por parte das forzas e corpos de seguridade do estado  dos traballadores da Bazán en Ferrol , Amador Rey e Daniel Niebla. Foi no ano 72 e non olvidamos.
Dende as MMdD chamamos a participar nesta xornada reivindicativa para toda a clase obreira galega e tendo que coincidir, de forma inevitable, con un acto que temos programado en Vigo con Diego Cañamero e Willy Toledo a prol das Marchas da Dignidade e da grande mobilización do 21M, aproveitaremos para darlle o realce necesario a esta xornada, e para nese acto rendirlle sentida homenaxe a Amador e Daniel e á clase obreira galega.  QUE VIVA A CLASE OBREIRA !!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario