domingo, 8 de marzo de 2015

A ASEMBLEA POLA UNIDADE SÚMASE ÁS MARCHAS DENDE CANGAS.




O pasado 6 de marzo, a Asemblea pola Unidade, recentemente constituída en Cangas de Morrazo para acadar unha fronte popular municipal que remate coas políticas de dereita e co Partido Popular, deu o seu apoio á plataforma das Marchas da Dignidade. Este proxecto político, que xuntou na súa primeira asemblea a arredor 150 membros, recolleu a petición veciñal  de secundar as mobilizacións do colectivo que representa Diego Cañamero como altofalante dos movementos sociais e do sindicalismo alternativo.
A Asemblea pola Unidade manifestou sentirse inspirada polo carácter unitario e popular da nosa plataforma. Tamén aproveitou a ocasión pra animar os demais colectivos da comarca e do país a incorporarse á Columna Nacional Galega que se desprazará en tren á gran manifestación que teñen programada as Marchas en Madrid para o 21 de marzo vindeiro.


Ningún comentario:

Publicar un comentario