venres, 20 de febreiro de 2015

WILLY TOLEDO E DIEGO CAÑAMERO APOYANDO Á COLUMNA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE.... O 21 DE MARZO VOLVEMOS A MADRID PARA SEGUIR RECLAMANDO PAN, TRABALLO E TEITO PARA TODAS E TODOS.

O martes 10 de marzo contaremos en  Vigo ca presenza de Diego Cañamero e Willy Toledo que participarán nun acto no Centro Civico de Téis ás 20:00h para apoiar á Columna Galega que o 21 de Marzo, xunto co resto de columnas das MARCHAS DA DIGNIDADE de todo o estado. ateigaremos a PRAZA DE COLÓN EN MADRID.

VOLVEMOS A MADRID porque ás reivindicacións básicas do pobo, asumidas polas Marchas da Dignidade, siguen sin ter resposta por parte dos Gobernos, máis ben ao contrario os recortes, os agravios, as carencias e as agresións van a máis.

Achegándonos á data publicaremos o cartaz definitivo co nome das persoas que interviran como poñentes neste acto. Na víspera, o día 9, Willy e máis Diego, tamén participarán nun acto en A Coruña nun lugar ainda por determinar.

SÚMATE, ACUDE A RESERVAR PRAZA NOS TRENS DA DIGNIDADE EN CALQUERA DAS ORGANIZACIONS DO TEU AMBITO. PORQUE O 21M A DIGNIDADE GALEGA VOLVEREMOS A  OCUPAR AS RÚAS DE MADRID

Ningún comentario:

Publicar un comentario