martes, 3 de febreiro de 2015

SEGUIMOS A ESPALLAR AS MARCHAS DA DIGNIDADE POR TODO O PAÍS. QUE SÍ, QUE SÍ, QUE O 21-M, VOLVEMOS A MADRID. - XUNTANZA E ACORDOS SOBRE A FOLLA DE RUTA NA PLATAFORMA DA ESTRADA

Dende a Plataforma da Estrada das Marchas da Dignidade querémosvos informar dos nosos acordos e comunicar a nosa folla de ruta de espallamento pola comarca.
   Ø  O 28 de febreiro teremos na Estrada un concerto de rock no que participarán varios grupos locais.
   Ø  Actos no rural estradense: A Estrada está composta por 51 parroquias, así que dividimos o Concello en zonas xuntando en cada unha delas varias parroquias. O noso cometido é realizar unha charla en cada un deses grupos parroquiais. Para iso escollimos unha parroquia dentro de cada un deses grupos de poboación para que teña lugar a charla e tanto nela coma nas restantes pegaremos cartelería ademáis de utilizar megafonía para animar aos veciños a acudir a dito acto.
   Ø  Para o 29N, no "ocupemos o Obradoiro", establecimos contacto con persoas tanto de Silleda coma de Lalín aínda que sen moi bo resultado. Acordamos seguir intentándoo porque o Deza, e máis Tabeirós-Terra de Montes, imos estar en Madrid o 21-M.
   Ø  Onde si atopamos interese nas Marchas foi en Forcarei. Animámolos a que organizasen un acto en dito Concello para dar a coñecer as MMdD á veciñanza, e dende logo que os vamos apoiar para que o fagan, porque Forcarei o 21-M vai!!

QUE SÍ, QUE SÍ, QUE O 21-M, VOLVEMOS A MADRID. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario