sábado, 28 de febreiro de 2015

ONTE, COMO TODOS OS VENRES, A PÉ DE RÚA, NOVA ASEMBLEA DAS MMdD DO MORRAZO.

O venres tivo lugar a asemblea semanal das MMdD do Morrazo, fronte o Concello de Cangas. A pesar da competencia do pleno municipal á mesma hora a asistencia foi importante.

A asemblea fixo unha valoración sobre o percorrido da folla de ruta a Madrid o próximo 21M, falouse de ateigar os trens, de cuestións financieiras e sobre todo do nivel de asunción da campaña no conxunto do País, en base á valoración das mobilizacións do mércores 25.
Hai que suliñar a reflexión unánime en dúas cuestión claves:
1.- Se equivocan aquelxs que abandonan a dinámica de compromiso e entrega coas MMdD, para priorizar unha suposta actividade municipalista. Por unha sinxela razón, non haberá salto real das candidaturas populares ós Concellos, renunciando á mobilización, e esta hoxe pasa polo noso movemento das MMdD.
2.- Tamén se reflexionou sobre daquelxs que con toda lexitimidade encaran a loita e a reivindicación de maneira focalista ou sectorialista, prescindindo da perpectiva da unidade obreira e popular. O enfoque de encarar os conflictos concretos coa táctica do "mi libro", que agocha a ansia protagonista minifundista acaba pechando o futuro desas loitas, fragmentando a unidade obreira e popular. Eses enfoques acaban convertendo a loita lexítima nun espellismo suicida.
Acordouse tamén que a próxima asemblea será o mércores día 4 ás 19,30 horas, esta vez na sede da CUT, en Cangas.
Finalmente acordouse asistir ó acto do día 10 en Teis, en bus, que sairá ás 19 horas e para o cal hai que apuntarse previamente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario