venres, 27 de febreiro de 2015

WYLLY TOLEDO E DIEGO CAÑAMERO ESTARÁN EN A CORUÑA O DÍA 9 DE MARZO, APOIANDO A COLUMNA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE, E O MARTES DÍA 10 O FARÁN EN VIGO



O LUNS 9 DE MARZO WYLLY TOLEDO E DIEGO CAÑAMERO ESTARÁN EN A CORUÑA APOIANDO A COLUMNA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE E O MARTES DÍA 10 O FARÁN EN VIGO. Charla coloquio na que tamén participarán representantes das plataformas locais e comarcais e de distintos colectivos reivindicativos. 

O acto do día 9 en  A Coruña, será no CIRCULO DE ARTESANS ÁS 19:30, En Vigo estarán no CENTRO CÍVICO DE TEÍSÁS 20 HORAS DO MARTES DÍA 10.
Non temos por máis que agradecer o apoio que nos están a prestar á Columna Galega das Marchas da Dignidade que o día 21 de marzo xunto co resto de columnas de todo o estado, UNHA VEZ MÁIS ATEIGAREMOS A PRAZA DE COLÓN EN MADRID

Que sí!!!, Que sí!!!.  VOLVEMOS A MADRID
Seguimos reclamando o que é noso…
P A N,   T R A B A L L O   E   T E I T O ,
e camiñamos firmes cara unha FOLGA XERAL
LABORAL SOCIAL E DE CONSUMO EN OUTONO

Ningún comentario:

Publicar un comentario