luns, 2 de febreiro de 2015

HOXE XUNTANZA DA PLATAFORMA LOCAL DE VIGO DAS MARCHAS DA DIGNIDADE ÁS 20:00H. NO LOCAL DE COSTUMBRE.

Comenzamos o traballo para desenvolver a folla de ruta acordada na xuntanza da Comisión Coordinadora Galega das Marchas da Dignidade celebrada o 27 de xaneiro en Compostela de cara a levar a bó porto as mobilizacions das MMdD en 2015, e tal e como quedamos na derradeira xuntanza en Vigo, a semana pasada,  convócouse xuntanza da Plataforma local das Marchas da Dignidade para hoxe 2 de febreiro as 20:00 no local de costumbre na Rúa Urzaiz 71, entrechán/dereita, de Vigo, coa seguinte proposta de orde do día:

- Información dos acordos acadados na Coordinadora Nacional das Marchas que tivo lugar o pasado martes 27 de xaneiro
- Organización do traballo da Plataforma local de Vigo para levar a cabo o establecido na folla de ruta acordada
 O 21M VOLVEMOS A MADRID
CAMIÑANDO CARA A FOLGA XERAL
PAN, TRABALLO, E TEITO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario