venres, 6 de febreiro de 2015

ENCARGO DE PANCARTAS.- O TALLER DE PANCARTAS DO MORRAZO BOTA LUME!!!

O taller de pancartas no Morrazo bota lume!!!. De mañá e tarde @s compas traballan arreo para que o País se moba a Madrid o vindeiro 21 de marzo.
  

Tal como se comentou na última xuntanza da Coordinadora Galega das MMdD, a Plataforma do Morrazo previo pedido garante o envio de pancartas ás distintas comarcas do País. Habería que facer o encargo como moito tardar o próximo luns día 9 de febreiro.

 As pancartas son de 0,60 X 2,50 metros e conteñen dúas lendas:
21- M, VOLVEMOS A MADRID, PAN TRABALLO E TEITO
21- M, AS MARCHAS DA DIGNIDADE VOLVEMOS A MADRID
Como se ten dito o prezo é de 6 € por pancarta, e o encargo hai que facelo por correo electrónico ó enderzo cut.cangas@gmail.com facendo constar a persoa que fai o encargo e o seu teléfono. No prazo de tres días estarían as pancartas no lugar de destino.


Marchándo a Madrid!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario