martes, 3 de febreiro de 2015

ASEMBLEA ABERTA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE EN MUGARDOS. ADIANTE PRA FORTALECER A COLUMNA DE FERROLTERRA

A pan traballo e teito,  
o pobo  temos dereito!!

Acode e participa na Asemblea aberta das Marchas da Dignidade en Mugardos onde faremos unha pequena presentación do que son as Marchas da Dignidade e pediremos a vosa opinión e debate sobre as mobilizacións  acordadas para este ano 2015 que consistirán nunha nova marcha andando, en tren ou bus ate Madrid desde diferentes puntos do estado e a convocatoria dunha folga xeral.
E se Mugardos decide apoiar esas mobilizacions formando a  columna de Mugardos estaría xunto coa columna Caranceira fortalecendo a columna Ferrolterra para que se  escoite a voz do pobo en toda a ría. Pan traballo e teito!!
O xoves 5 de Febreiro as 7 da tarde no Centro Cívico de Mugardos na rúa Contramaestre  Casado, 3-S, baixo.
V O S    A G A R D A M O S 


Ningún comentario:

Publicar un comentario