domingo, 22 de febreiro de 2015

ASEMBLEA DO MORRAZO DAS MMdD

No Morrazo a chuvia obrigou a facer a cuberto a asemblea das MMdD de todos os venres. Nesta xuntanza púxose o día o traballo de campaña como; as pegadas, colgadas de pancartas, reparto de manifesto, venda de rifas e a megafonía para as manifestacións que se celebrarán o vindeiro mércores 25 en Pontevedra e Vigo, ó igual que no resto de cidades galegas.


Nesta ocasión as xentes do Morrazo asistiremos á manifestación de Pontevedra, estando previsto varios autobuses que sairán ás 19 horas da Estación de Autobuses de Cangas e ás 19,15 da parada da Unión de Bueu.

Ademáis acordouse darlle máis forza á venda de billetes para o tren a Madrid, marcándonos como obxectivo doblar o número de viaxeiros da comarca do Morrazo no pasado 22M.

Acordouse asi mesmo, asistir o acto que terá lugar o próximo 10 de marzo en Vigo, onde intervirán Diego Cañamero do SAT e o actor Willy Toledo antre outr@s.


Ningún comentario:

Publicar un comentario