domingo, 22 de febreiro de 2015

AS MARCHAS DA DIGNIDADE RECIBIRON, COMO SE MERECE, A FELIPE VI EN A CORUÑA NO ACTO DE INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE PABLO PICASSO O 19 DE FEBREIRO.

Na situación actual, onde o poder económico está a impoñer as súas medidas ao poder político, as Marchas da Dignidade seguen a loitar polos seus dereitos. Unha loita pacífica para acadar unha unidade social que faga fronte ás políticas neoliberais que tanto dano están a causar.

O rei, o xefe do estado español, que herdou ese posto do seu pai, o cal o herdou do dictador xenocida Franco, veu de visita a nosa cidade para inaugurar unha exposición de Picasso. Alí estivemos para facerlle ver que nós o que queremos é pan, traballo e teito para todas as persoas, e iso so se pode acadar cunha democracia real onde todas as decisións estean sometidas á vontade popular.


A Felipe VI berramoslle ben alto: PAN, TRABALLO E TEITO e o 21 de Marzo tamén volveremos a berrar polas rúas de Madrid iniciando unha nova travesía que pon rumbo a Folga Xeral en outubro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario