sábado, 28 de febreiro de 2015

ONTE, COMO TODOS OS VENRES, A PÉ DE RÚA, NOVA ASEMBLEA DAS MMdD DO MORRAZO.

O venres tivo lugar a asemblea semanal das MMdD do Morrazo, fronte o Concello de Cangas. A pesar da competencia do pleno municipal á mesma hora a asistencia foi importante.

A asemblea fixo unha valoración sobre o percorrido da folla de ruta a Madrid o próximo 21M, falouse de ateigar os trens, de cuestións financieiras e sobre todo do nivel de asunción da campaña no conxunto do País, en base á valoración das mobilizacións do mércores 25.
Hai que suliñar a reflexión unánime en dúas cuestión claves:
1.- Se equivocan aquelxs que abandonan a dinámica de compromiso e entrega coas MMdD, para priorizar unha suposta actividade municipalista. Por unha sinxela razón, non haberá salto real das candidaturas populares ós Concellos, renunciando á mobilización, e esta hoxe pasa polo noso movemento das MMdD.
2.- Tamén se reflexionou sobre daquelxs que con toda lexitimidade encaran a loita e a reivindicación de maneira focalista ou sectorialista, prescindindo da perpectiva da unidade obreira e popular. O enfoque de encarar os conflictos concretos coa táctica do "mi libro", que agocha a ansia protagonista minifundista acaba pechando o futuro desas loitas, fragmentando a unidade obreira e popular. Eses enfoques acaban convertendo a loita lexítima nun espellismo suicida.
Acordouse tamén que a próxima asemblea será o mércores día 4 ás 19,30 horas, esta vez na sede da CUT, en Cangas.
Finalmente acordouse asistir ó acto do día 10 en Teis, en bus, que sairá ás 19 horas e para o cal hai que apuntarse previamente.

Columna-EuVou


ARESTORA VIMOS DE SUPERAR AS 70.000 VISITAS NO BLOGUE. O 21-M VOLVEMOS A MADRID.


ANDALUCÍA TAMÉN VAI!!!, ALGUÉN O DUBIDABA?…… INCUESTIONALBLE O COMUNICADO DAS MARCHAS DE CADIZ: “TO@S A MADRID EL 21 DE MARZO”




CHAMAMENTO DENDE AS MARCHAS DA DIGNIDAE DE A CORUÑA E FERROLTERRA Á MOBILIZACIÓN DO 21M A MADRID. LECTURA DO MANIFESTO GALEGO NAS MANIFESTACIONS CONVOCADAS O 25F

video
  • Lectura do Manifesto Galego ao final da manifestación en Ferrol.
video




CONVOCATORIA NOVA XUNTANZA DA COMISIÓN COORDINADORA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE O XOVES, DÍA 5 DE MARZAL, ÁS 17 HORAS,EN COMPOSTELA


Vaise acercando o 21 de marzo, e vemos a necesidade de manter unha xuntanza da Coordinadora Galega das MMdD. Coidamos que é inaplazabel. En base a distintas conversas mantidas antre diversos colectivos e organizacións, vimos a convocar dita xuntanza para o vindeiro XOVES DÍA 5 DE MARZO ÁS 17 HORAS en Compostela no sitio habitual

venres, 27 de febreiro de 2015

WYLLY TOLEDO E DIEGO CAÑAMERO ESTARÁN EN A CORUÑA O DÍA 9 DE MARZO, APOIANDO A COLUMNA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE, E O MARTES DÍA 10 O FARÁN EN VIGO



O LUNS 9 DE MARZO WYLLY TOLEDO E DIEGO CAÑAMERO ESTARÁN EN A CORUÑA APOIANDO A COLUMNA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE E O MARTES DÍA 10 O FARÁN EN VIGO. Charla coloquio na que tamén participarán representantes das plataformas locais e comarcais e de distintos colectivos reivindicativos. 

O acto do día 9 en  A Coruña, será no CIRCULO DE ARTESANS ÁS 19:30, En Vigo estarán no CENTRO CÍVICO DE TEÍSÁS 20 HORAS DO MARTES DÍA 10.
Non temos por máis que agradecer o apoio que nos están a prestar á Columna Galega das Marchas da Dignidade que o día 21 de marzo xunto co resto de columnas de todo o estado, UNHA VEZ MÁIS ATEIGAREMOS A PRAZA DE COLÓN EN MADRID

Que sí!!!, Que sí!!!.  VOLVEMOS A MADRID
Seguimos reclamando o que é noso…
P A N,   T R A B A L L O   E   T E I T O ,
e camiñamos firmes cara unha FOLGA XERAL
LABORAL SOCIAL E DE CONSUMO EN OUTONO

Nº DE CONTA DA PLATAFORMA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE



Lembramos o número de conta aberta a prol da Plataforma Galega das Marchas da Dignidade. Xa é sabido que, para participar na toma de decisións, é importante ter ao día as cuotas acordadas.


CAIXA RURAL GALEGA
IBAN ES6130700044556129474927
Titulares:
Ángel Valladares Nocito
Santiago Lamelo Fagilde
Jesús Liste Moure
Se se fai transferencia, calquera pode figurar como beneficiario.
Hai que sinalar sempre o concepto para facilitar a contabilidade, exemplo:  
25 €, cota setembro 2014 Plataforma de A Mariña.

Cotas mensuais acordadas na Asemblea Nacional de Teo:
Organizacións políticas parlamentarias: 50 € 
Organizacións políticas non parlamentarias 25 € 
Organizacións xuvenís e estudiantis 10 € 
Movementos sociais nacionais 25 € 
Outros pequenos 5 € 
Organizacións sindicais: 25 €
Persoas sen afiliación: Voluntario

Máis información: 

mércores, 25 de febreiro de 2015

AS MARCHAS DA DIGNIDADE APOIAN A FOLGA ESTUDANTIL DO 26F

Coa escusa da crise económica e da "austeridade" que nos queren impor os gobernos nacional, estatal e europeo en conxunto cos poderes económicos, a situación de miseria, explotación e recortes leva sendo moito tempo inaguantable e intolerable para o pobo. O desastre non deixa de medrar e só nós podemos paralo.

Esta situación chega tamén ao estudantado, que ve como os dereitos acadados polas xeracións anteriores están a ser destruídos en beneficio duns poucos. Porén, eses poucos non saben que estamos dispostas a saír a rúa para loitar polo noso presente e polo noso futuro, para dicir dunha vez por todas que xa abonda.

“CONTRA VENTO E MAREA”, HOXE, UNHA VEZ MAIS , AS GALEGAS E OS GALEGOS TOMAMOS AS RÚAS PARA ESIXIRLLE AOS GOBERNOS O QUE É NOSO: P A N, T R A B A L L O E T E I T O. E COMO VEMOS QUE “NON O ENTENDEN, NON!!!”, O 21 M VOLVEMOS A MADRID…





Alguns documentos gráficos das 7 manifestacións que percorreron as rúas galegas , nas sete principais cidades , esta tarde-noite berrando alto e craro : 
 A PAN TRABALLO E TEITO O POBO TEN DEREITO

OS INFORMATIVOS DE LOCALIA TV RECOLLEN NOVAS SOBRE AS MARCHAS DA DIGNIDADE. 7 MANIFESTACIONS EN GALIZA E ACTOS A PROL DA VOLTA A MADRID O 21M

video


martes, 24 de febreiro de 2015

MAÑAN, MERCORES 25F, SETE MANIFESTACIÓNS EN GALIZA A PROL DAS MARCHAS DA DIGNIDADE. O 21-M VOLVEMOS A MADRID

Percorridos e horarios das 7 manifestacións:
·         Ferrol, desde Praza de Armas, ás 19,30 horas
·         A Coruña, desde Praza de Portugal, ás 20 horas
·         Lugo, desde Explanada do Edificio Multiusos da Xunta ás 20 horas
·         Compostela, desde Porta do Camiño, ás 20 horas
·         Ourense, desde Parque San Lázaro, ás 20 horas
·         Pontevedra, desde A Pasarela (Rúa 12 de Novembro), ás 20 horas
·         Vigo, desde  Praza de Fernando o Católico, ás 20 horas

Ligazón ás novas na prensa dixital de hoxe:




luns, 23 de febreiro de 2015

HOXE CELEBRAMOS ROLDA DE PRENSA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE EN VIGO ANUNCIANDO A MANIFESTACIÓN DO MÉRCORES DÍA 25 EN VIGO QUE ABRIRÁ O O CALENDARIO DE MOBILIZACIONS ACORDADO A NIVEL ESTATAL PARA 2015...... O 21 DE MARZO VOLVEMOS A MADRID.

Esta mañan no local da FAVEC en Vigo  presentamos en Rolda de Prensa o calendario de mobilizacións das MARCHAS DA DIGNIDADE, para 2015.

Representantes das distintas organización que formamos parte da Plataforma das Marchas en Vigo e Comarca: CUT, STEG, CGT, SF-Intersindical, Ecoar, Asemblea Republicana, Plataforma de Teis, Esquerda Unida e Podemos, PRESENTAMOS A MANIFESTACIÓN CONVOCADA A PROL DAS MARCHAS DA DIGNIDADE QUE, O MÉRCORES, 25 DE FEBREIRO, EN VIGO, SAIRÁ AS 20:00 HORAS DA PRAZA DE FERNANDO O CATÓLICO PARA REMATAR NA PORTA DO SOL  BAIXO O LEMA: “O 21M VOLVEMOS A MADRID”, E QUE DE XEITO SIMULTANEO SE CELEBRARA TAMEN EN PONTEVEDRA, OURENSE, LUGO, FERROL, A CORUÑA E COMPOSTELA.
Trasladamos aos medios información sobre os motivos que nos levaron a convocar un calendario de movilizacións para 2015, a nivel estatal, e que comenzará ca VOLTA SOBRE MADRID o vindeiro 21 de Marzo para o que, dende Galiza, estamos a negociar o alquiler de tres trenes a Renfe así como autobuses que partiran de todos os currunchos do país.
A multitude de actos organizados para difundir a mobilización da Columna Galega sobre Madrid, (pancartas, cartelería, megafonía, concertos, debates, etc..) súmase o apoio de Diego Cañamero e Willy Toledo que estaran presentes nun acto que terá lugar en Vigo o vindeiro 10 de marzo, as 20:00 horas no Centro Cívico de Teis.
O 25 DE FEBREIRO TODAS E TODOS Á RÚA
CAS MARCHAS DA DIGNIDADE 

SÚMATE AO TREN DA DIGNIDADE. O 21M VOLVEMOS A MADRID

P A N , T R A B A L L O,  E  T E I T O

Pan, Traballo e Teito - Mobilización coordenada con outras das Marchas da Dignidade en toda Galiza - En Ferrol será, o mércores 25 de Febreiro, ás 7,30 da tarde, na Praza de Armas


Mobilización coordenada con outras das Marchas da Dignidade en toda Galiza.

Este mércores 25 de Febreiro manifestacións coordenadas en todas as cidades galegas (Vigo, A Coruña, Lugo, Santiago de Compostela, Ourense, Pontevedra e Ferrol).

En Ferrol concentraremo-nos, ás 7,30 da tarde, na Praza de Armas, logo decidiremos en Asemblea se nos desprazamos en marcha até a Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, subindo pola rúa Galiano. Pretendemos quentar motores, pois o 21 de Marzo volvemos a Madrid camiño da Folga Xeral convocada para o conxunto do territorio do Estado o 22 de Outubro.

Este 25F manifestamos-nos por:
  • Por un plan de choque contra o paro e pola renda básica.
  • Carga de Traballo para o Naval. Poñer os estaleiros a funcionar.
  • Traballo Digno, Traballo Decente, Traballo con Dereitos!!
  • Por un traballo digno na Nosa Terra !!!
Participa !! Adiante !!

Evento da mobilización:
https://www.facebook.com/events/372104819627601

Publica, twitea, curte, gosta de:

O 25F #EuVou ás manifas de apoio a @GalizaMarcha22M.

#PanTraballoTeito.

#VolvemosaMadrid.

Enlace onde se pode acceder á Folla Informativa da campaña, para ler e difundir, pola rede ou imprimir: Acceder/Baixar.


TELÉFONO DE CONTACTO:
603 213 863

ENDEREZO DE CORREO-E:
marchasdadignidadeferrolterra[arroba]gmail.com

Enlaces de interese.-

Ferrolterra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/
Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel/UCaOvAhPYKR43taxbOKCCreg


PAN, TRABALLO E TEITO !!
Á RÚA QUE XA É HORA !!
---

domingo, 22 de febreiro de 2015

AS MARCHAS DA DIGNIDADE RECIBIRON, COMO SE MERECE, A FELIPE VI EN A CORUÑA NO ACTO DE INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE PABLO PICASSO O 19 DE FEBREIRO.

Na situación actual, onde o poder económico está a impoñer as súas medidas ao poder político, as Marchas da Dignidade seguen a loitar polos seus dereitos. Unha loita pacífica para acadar unha unidade social que faga fronte ás políticas neoliberais que tanto dano están a causar.

O rei, o xefe do estado español, que herdou ese posto do seu pai, o cal o herdou do dictador xenocida Franco, veu de visita a nosa cidade para inaugurar unha exposición de Picasso. Alí estivemos para facerlle ver que nós o que queremos é pan, traballo e teito para todas as persoas, e iso so se pode acadar cunha democracia real onde todas as decisións estean sometidas á vontade popular.


A Felipe VI berramoslle ben alto: PAN, TRABALLO E TEITO e o 21 de Marzo tamén volveremos a berrar polas rúas de Madrid iniciando unha nova travesía que pon rumbo a Folga Xeral en outubro.

PLATAFORMA DE A CORUÑA 22M:…… ACORDOS DA DERRADEIRA ASEMBLEA NO ALFAIATE. (19 de FEBREIRO de 2015).

- Infórmase de que Diego Cañamero e Willy Toledo virán a A Coruña a promocionar a volta a Madrid o 21M. O acto será o día 9 de marzo ás 19:30, ainda por confirmar si será no Circo de Artesáns ou Auditorio da Casa do Mar . Ao rematar, Cañamero participará no VíaV nunha entrevista.
 - O acto de Betanzos será, finalmente, o venres 27 de febreiro ás 20:00 no Salón Azul do Liceo.
 - O acto em Cambre segue pendente de confirmación do local. A data será ou o 5M ou o 12M, CUT e XXCC están a organizar. O local será o da Asociación Cultural do Graxal.
 - O acto de Oleiros, tamén está pendente de confirmación do local. Organizan Corrente Vermella e 15M Da Ría. O local será A Fábrica.
 - O acto en Arteixo o fará a CUT, probablemente o día 14M
 - Quedada o domingo ás 20:00 na estación do tren para colgar as faixas nas pontes.
 - O luns 23 ás 11:00 da mañá, convocase rolda de prensa no Linda Rama (Rúa Porta de Aires)..
 - A partir do luns organizamos reparto de panfletos. Será o luns ás 19:15 no Obelisco. Tamén o luns na Agra, quedada diante do Própolis, ás 19:00. E o martes ás 19:00 na Glorieta da Rúa Pose.
- Os cartaces colaranse o domingo, luns e martes

-“PERFORMANCE” na Praza de Pontevedra o 4 de marzo ás 18:30. Consiste en visualizar os sectores sociais más desfavorecidos


ASEMBLEA DO MORRAZO DAS MMdD

No Morrazo a chuvia obrigou a facer a cuberto a asemblea das MMdD de todos os venres. Nesta xuntanza púxose o día o traballo de campaña como; as pegadas, colgadas de pancartas, reparto de manifesto, venda de rifas e a megafonía para as manifestacións que se celebrarán o vindeiro mércores 25 en Pontevedra e Vigo, ó igual que no resto de cidades galegas.


Nesta ocasión as xentes do Morrazo asistiremos á manifestación de Pontevedra, estando previsto varios autobuses que sairán ás 19 horas da Estación de Autobuses de Cangas e ás 19,15 da parada da Unión de Bueu.

Ademáis acordouse darlle máis forza á venda de billetes para o tren a Madrid, marcándonos como obxectivo doblar o número de viaxeiros da comarca do Morrazo no pasado 22M.

Acordouse asi mesmo, asistir o acto que terá lugar o próximo 10 de marzo en Vigo, onde intervirán Diego Cañamero do SAT e o actor Willy Toledo antre outr@s.


venres, 20 de febreiro de 2015

WILLY TOLEDO E DIEGO CAÑAMERO APOYANDO Á COLUMNA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE.... O 21 DE MARZO VOLVEMOS A MADRID PARA SEGUIR RECLAMANDO PAN, TRABALLO E TEITO PARA TODAS E TODOS.

O martes 10 de marzo contaremos en  Vigo ca presenza de Diego Cañamero e Willy Toledo que participarán nun acto no Centro Civico de Téis ás 20:00h para apoiar á Columna Galega que o 21 de Marzo, xunto co resto de columnas das MARCHAS DA DIGNIDADE de todo o estado. ateigaremos a PRAZA DE COLÓN EN MADRID.

VOLVEMOS A MADRID porque ás reivindicacións básicas do pobo, asumidas polas Marchas da Dignidade, siguen sin ter resposta por parte dos Gobernos, máis ben ao contrario os recortes, os agravios, as carencias e as agresións van a máis.

Achegándonos á data publicaremos o cartaz definitivo co nome das persoas que interviran como poñentes neste acto. Na víspera, o día 9, Willy e máis Diego, tamén participarán nun acto en A Coruña nun lugar ainda por determinar.

SÚMATE, ACUDE A RESERVAR PRAZA NOS TRENS DA DIGNIDADE EN CALQUERA DAS ORGANIZACIONS DO TEU AMBITO. PORQUE O 21M A DIGNIDADE GALEGA VOLVEREMOS A  OCUPAR AS RÚAS DE MADRID

xoves, 19 de febreiro de 2015

O CENTRO CÍVICO DE TEIS, EN VIGO, ORGANIZA ACTO INFORMATIVO SOBRE AS MARCHAS DA DIGNIDADE MAÑAN VENRES ÁS 20:00 Horas.

Mañan venres, 20 de Febreiro, o Centro Cívico de Teis, en Vigo, convoca unha charla informativa, aberta e participativa, sobre as Marchas da Dignidade e as movilización programadas para 2015 que comenzarán ca volta a Madrid o día 21 de Marzo,para encher de Dignidade a Praza de Colón e seguir reclamando aos gobernos PAN TRABALLO E TEITO.
No acto que terá lugar nos salons do Centro Cívico  (Rúa Maceiras s/n) ás 20:00 horas, contaremos ca presenza de membros da Plataforma Galega das Marchas da Dignidade


Súmate. Agardamoste.
O 21M volvemos todas e todos xuntos a Madrid.
 

OS MEDIOS LOCAIS DA ESTRADA RECOLLEN A ROLDA DE PRENSA DA COORDINADORA LOCAL DAS MARCHAS DA DIGNIDADE: CONCERTOS A PROL DAS MARCHAS PORQUE O 21 DE MARZO, VOLVEMOS A MADRID.



TEMOS UN NOVO CORREO PARA CONTACTAR. marchasestrada@hotmail.com,

E TAMÉN UN GRUPO DE FACEBOOK, :
Grupo das Marchas da dignidade da Estrada.
Contacta. Sumate. Agardamoste.
O 21M volvemos todas e todos xuntos a Madrid.
 


mércores, 18 de febreiro de 2015

OCTAVILLA XENÉRICA PARA DIFUNDIR A VOLTA A MADRID DAS MARCHAS DA DIGNIDADE O 21 DE MARZO. CHAMAMENTO A FACER EN TODOS OS ACTOS E NAS MANIFESTACIÓNS DO DÍA 25. (ESPAZO EN BRANCO PARA ANOTAR OS TELEFONOS DE CONTACTO DE CADA PLATAFORMA PARA APUNTARSE A VIAXE)

MARCHAS DA DIGNIDADE: A LOITA CONTINÚA. VOLVEMOS  A MADRID O 21 DE MARZO
O pasado 22  de  marzo, no 2014, un millón de  persoas manifestámonos en  Madrid convocadas por centos de  organizacións sociais, sindicais e cidadáns para protestar pola situación de  explotación, miseria, recortes e ataques aos dereitos máis básicos que estabamos a atravesar. Alí estivo a Columna Galega apoiando a necesidade de combater tanta agresión.

Transcorrido un ano, as condicións de  vida do  pobo, provocada polos gobernantes, fieis lacaios do  capitalismo máis voraz e desapiadado, e os seus mplices nas súas poticas  d desmantelamento  dos  servizos públicos  e  dos  dereitos  sociais,  non variaron nin un  átomo, agás as  maquillaxes electoralistas interesadas.  Máis ben, pol contrario, segue medrando a dor e  o  desastre  por todos lados tras  anos de poticas contrarias ao pobo, co incremento da pobreza e da represión.

Volvemos a Madrid o próximo 21  de  marzo para denunciar que a complicidade entre o  FMI,  o  BC e  a U cos  poderes  poticos e  empresarias,  leváronnos  a  unha situación terrible e insoportable:
  • Ä    O 25% da infancia  sufre  desnutrición e  mesmo hai moita xente que pasa fame.
  • Ä    No estado español hai máis de  dez  millóns de  persoas pobres, 700.000 familias  sen ingresos e máis de  tres millóns de  persoas sen emprego e sen prestacións.
  • Ä    Hai 5,5 millóns de  persoas no paro, e quen traballa o fai en precario, sin dereitos, antepoñendo a supervivencia á propia dignidade
  • Ä    Seguen os desahucios, aumenta a represión nas rúas, estase a condear a mocidade a emigracíon, Negasenos a asistencia sanitaria e medicamentos que poden suponer a curación de enfermedades mortais, destrúese a economía agraria e pesqueira, privatizase todo o publico, mesmo dereitos básicos como o ensino e a sanidade.
§    POLA RESTITUCIÓN AO POBO DOS 120.000 MILLONS ENTREGADOS AO PODER FINANCIEIRO
§    POLA DEROGACIÓN DA LEXISLACIÓN LABORAL E DE PENSIONS
§    POLA REVERSION DAS MEDIDAS DESTRUCTORAS PRIVATIZACIONS, DESMANTELAMENTO E OS RECORTES DOS SERVIZOS E DAS EMPRESAS PÚBLICAS,
§    CONTRA A REPRESIÓN,
§    POLO DEREITO A  P A N, T R A B A L L O  E  T E I T O
§    POLA DIGNIDADE DO POBO...
VOLVEMOS A MADRID O 21M.