venres, 9 de xaneiro de 2015

REMATADA PARA SER PRESENTADA XA, A QUERELA CRIMINAL POLA ACTUACION POLICIAL NO 22M EN MADRID.

Tal como se acordou na Asemblea Estatal de Mérida, as organización con entidade xurídica que forman parte das Marchas da Dignidade (todas as que así o acordaron nos seus propios órganos de dirección e remitiron poderes aos abogados como xa fixo a CUT) van interpoñer, nos próximos días, unha QUERELA CRIMINAL  polos feitos acontecidos en Madrid ó remate da manifestación das Marchas da Dignidade o 22 de marzo de 2014. 
A querela criminal vai dirixida contra o Ministerio do Interior e todos os órganos e individuos subalternos, concretamente contra: Ignacio Cosido Gutiérrez, director xeral da Policía; Arsenio Fernández de Mesa, director xeral da Garda Civil; Cristina Cifuentes Cuencas, Delegada do Goberno en Madrid; Florentino Villabona, Comisario Xeral de Seguridade Cidadán; José Miguel Ruiz Igüsquiza, Xefe ó mando das Unidades de Intervención Policial (UIP); Francisco Javier Virseda, ex- xefe ó mando das UIP de Madrid; Germán Rodríguez Castiñeira, Xefe da Brigada Provincial de Información de Madrid; Francisco González Pescador, Inspector Xefe das Unidades de Intervención Policial; Alfonso Fernández, Xefe superior de la Policía en Madrid; Andrés Garrido, responsable de Seguridad Ciudadán na cidade de Madrid; Os xefes dos seguintes indicativos da Policía Nacional: Puma 70, Puma 74, Puma 10, Puma 20, Puma 30, Puma 90, Puma 110, Puma 3, Puma 40, Puma 41, Puma 43 así como o Xefe do indicativo Omega 11 da Policía Municipal , e contra todos aqueles que resulten responsables dos delitos perseguidos a instancia da querella no curso da investigación.
Pasaron xa dez meses do que se demostrou foi unha alarmante montaxe parapolicial, e, nestes días incriblemente,  tivemos que soportar ver nos medios de comunicación como a maioría das persoas citadas, foron condecorados polo Goberno do PP  polas mesmas  actuacións que, dende as Marchas da Dignidade, estamos a denunciar na querela .
O  vindeiro 21 de marzo, no cabodano do 22M, as Marchas da Dignidade voltamos a Madrid. 
A columna galega estará alí. Non temos medo porque non facemos máis que reclamar pacíficamente o que é noso. PAN, TRABALLO, TEITO E DIGNIDADE.

Ningún comentario:

Publicar un comentario