xoves, 15 de xaneiro de 2015

LIGAZONS A PRENSA DE HOXE QUE RECOLLE A XUNTANZA ESTATAL DAS MARCHAS DA DIGNIDADE EN CANGAS DO MORRAZO, E MAÑÁN… AS 12:00, ROLDA DE PRENSA NA ROTONDA DE COIA EN VIGO.


NOTICIAS VIGO
http://www.cutgaliza.org/index.php?option=com_content&view=article&id=813:acto-da-cut-en-apoio-as-marchas-da-dignidade&catid=33:da-cut&Itemid=44

E mañán,  ás 12:00h. na Rotonda de Coia. Rúas Grove/Avda. Castelao de VIGO, temos convocada ROLDA DE PRENSA.
Neste acto daremos conta do APOIO INCONDICIONAL DAS MARCHAS DA DIGNIDAD, aos tres veciños encausados, e a todas as persoas indentificadas, que foron tomadas como refens pola policia municipal a instancias do alcalde de Vigo e acusadas de atentado a autoridade por participar nunha movilización veciñal contra a decisión de Abel Caballero, de instalar na rotonda de Coia un barco que a veciñanza non quere, entre outras cousas, polo derroche que supón, dadas as circunstancias precarias que atravesan moitas e moitos veciños do barrio e da propia cidade de Vigo, e a falta de axudas por parte de concello.
Ca presenza de compañeiros e compañeiras de distintas organizacions das Marchas da Dignidade_22M de todo o estado español daremos conta tamén do ACTO PÚBLICO, que tera lugar no salón de Plenos do concello de Cangas do Morrazo, o mesmo venres día 16, ás 19.30 horas, no que tamén interviran distintos responsables das Marchas da Dignidade_22M a nivel estatal. Serán poñentes o escritor e poeta galego Pepe Álvarez Cáccamo, o secretario xeral da IAC de Catalunya, Lluís Blanco, a portavoz de Red Roja, Nines Maestro, Javier García do SAT, o secretario xeral do Sindicato Ferroviario pola Confederación Intersindical Rafael Gonzalez Escudero, Ginés Fernandez da Fronte Cívica SM, J.M. Políz secretario xeral confederal da CGT e Manolo Camaño, secretario xeral da CUT.
Este acto será o prólogo da xornada de traballo de coordinación que en horario de mañan e tarde manterán o sábado 17 no mesmo salon de Plenos do Concello máis de 60  organizacions e plataformas territoriais das Marchas da Dignidade _22M a nivel Estatal para definir e desenvolver o calendario de movilizacions xa acordado para 2015  e que desenvocará nunha folga xeral laboral, social e de consumo o 22 de outubro.
Daremos conta tamen da Querela criminal que as Marchas da Dignidade_22M vamos a presentar, de xeito inmediato, contra o Ministerio do Interior e todos os órganos e individuos subalternos dependentes do gobernó do PP, polos feitos acontecidos en Madrid ó remate da manifestación das Marchas da Dignidade o 22 de marzo de 2014,  no que particularmente pretenderon criminalizar as galegas e os galegos que pacificiamente asistimos e participamos daquela grande mobilización.



Ningún comentario:

Publicar un comentario