luns, 5 de xaneiro de 2015

INFORMACIÓN SOBOR DA METODOLOXÍA DE FUNCIONAMENTO DAS ASEMBLEAS ESTATAIS DAS MARCHAS DA DIGNIDADE.

Como sabedes a Asemblea Estatal de Coordinación das MMdD non é aberta ó público. 
En cumprimento dos acordos adoptados, xa nas primeiras xuntanzas estatais, se reúnen nunha xornada de traballo, (mañan e tarde), as persoas lexitimadas para asistir a Asemblea con voz e voto – 3 por asemblea territorial e dúas por organización- sempre que se teñan cumprido cos compromisos de aportación econòmica tamen acordados e recollidos nas correspondientes actas.
É por iso que para o venres 16 (o día anterior) estamos preparando un acto público, que será ás 19´30 horas tamén no salón de plenos do Concello de Cangas. O formato que estamos a perfilar sería en base á participación plural de compas das nacións do estado, así como dos distintos perfiles políticos e ideolóxicos que integran as marchas.
Tan pronto como este pechado pasaríamos o cartel, ca información pertinente agardando que nesta xornada se encha ó auditorio.
Lembramos esto aquí e o trasladamos para xeral coñecemento a ter en conta o vindeiro luns, día 12, na xuntanza da Comisión Coordinadora das Marchas da Dignidade Galega que, como quedou acordado, teremos en Compostela, para escoller as tres persoas que nos representarán na Asemblea Estatal de Cangas.

Complementa esta información a xa trasladada na NOTA DE PRENSA que cursamos hoxe e que, arestora, xa foi recollida por alguns medios dixitais:






Ningún comentario:

Publicar un comentario