luns, 26 de xaneiro de 2015

HOXE, NA XUNTANZA DA PLATAFORMA LOCAL E COMARCAL EN VIGO, DÚAS NOVAS ORGANIZACIÓNS DECIDIRON INCORPORARSE, E SUMAR, NA COLUMNA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE. -- MAÑÁN, ÁS 17:00H, NOVA XUNTANZA NACIONAL NO C.C.G. A TROITA ARMADA EN COMPOSTELA -- O 21 DE MARZO VOLVEMOS A MADRID!!!

Esta tarde mantivemos en Vigo unha xuntanza da Plataforma local, con convocatoria ampliada ás comarcas,  donde  se informou sobre o acontecido na Coordinadora Estatal que tivo lugar en Cangas do Morrazo o 17 de xaneiro, e sobre o calendario de mobilizacions das Marchas da Dignidade acordado para este ano 2015.
Debatemos en profundidade, e tomamos posición, sobre a proposta de folla de ruta que fora difundida ca propia convocatoria de xuntanza  nacional para o día 27 en Compostela, acordando darlle todo o respaldo, desta Plataforma local, no debate que terá lugar mañán, e asumindo o  compromiso, na parte que nos poida tocar, para desenvolver o traballo plantexado.
Saludamos dende esta páxina que no trancurso da xuntanza manifestaran a decisión de incorporarse  e sumar á Columna Galega das marchas da Dignidade, con pleno dereito, suscribindo o manifestó constituinte e asumindo os compromisos económicos acordados,  dúas novas organizacións: A Asemblea Republicana- Amigos da República de Vigo e a Agrupación Electores de Redondela.  Benvidas formalmente ainda que somos coñecedores que dende fora xa fai tempo que estabades apoiando este movemento.

Aproveitamos para lembrar aquí a convocatoria e orde do día para a xuntanza nacional de mañan martes. 27 de xaneiro.
Lugar: CCG “A TROITA ARMADA”  Rúa Pombal, 18–Compostela
Hora: 17:00h.
Orde do día.
1.- Información da Coordinadora Estatal de Cangas
2.- Proposta de Folla de Ruta para o 21M
3.- Finanzas.

"CAMIÑANDO CARA A FOLGA XERAL".  Neste fin de semana o bloque superou as 65000 visitas dende que fora creado fai 11 meses.



Ningún comentario:

Publicar un comentario