domingo, 11 de xaneiro de 2015

COMENZA O ANO PARA AS MARCHAS DA DIGNIDADE E O TRABALLO ARREO DAS DISTINTAS PLATAFORMAS NA GALIZA PARA DESENVOLVER O POTENTE CALENDARIO DE MOBILIZACIONS ACORDADO A NIVEL ESTATAL PARA 2015 QUE TERÁ COMO MÁXIMO EXPONENTE A CONVOCATORIA DE UNHA FOLGA XERAL, OBREIRA E DE CONSUMO NO OUTONO_ o 22.O.

Nestas primeiras semanas de xaneiro estánse a producir numerosas xuntanzas das distinas plataformas locais e comarcais galegas, así como no seo das organizacions que conformamos a PLATAFORMA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE para preparar e desenvolver o calendario de mobilizacions acordado a nivel estatal e que foi ratificado na Comisión Coordinadora Galega o derradeiro 22 de nadal.

Mañán luns como xa se anunciara temos xuntanza nacional en Compostela, ás 5 da tarde no CSG “A Troita Armada” e xa se está traballando dende fai días na preparación para o recibimento e organización da ASEMBLEA ESTATAL DAS MARCHAS DA DIGNIDADE que, como xa quedara dito tamén neste blogue, se vai celebrar por primeira vez na Galiz, o sábado 17 de xaneiro na vila de Cangas do Morrazo.


Noticias e fotos da xuntanza da Plataforma de A Estrada, onte. 









FARO DE VIGO
A VOZ DE GALICIA


Ningún comentario:

Publicar un comentario