mércores, 28 de xaneiro de 2015

CELEBRAMOS ONTE A XUNTANZA DA COMISIÓN COORDINADORA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE EN COMPOSTELA – ESCOMENZA O TRABALLO, DENDE “XA”, PORQUE O 21M VOLVEMOS A MADRID.

Na tardiña de onte celebramos a xuntanza, previamente convocada, da Comisión Coordinadora Galega das Marchas da Dignidade en Compostela para informar sobre a Coordinadora Estatal que celebrou a súa xuntanza por primeira vez en Galiza na vila de Cangas do Morrazo o 17 de xaneiro e, tal e como se recollía na orde do día, para ACORDAR sobre a proposta de Folla de Ruta para o 21M, previamente distribuida entre todas as organizacións e Plataformas que somos parte da  Columna Galega, cumplindo co compromiso da nosa a xuntanza.


Foi unánime a decisión de poñernos a traballar, dende “xa”,  para que a Columna Galega esté presente o 21 de Marzo en Madrid,  e nesa liña acordamos aprobar a folla de ruta proposta con algunas modificacions concretas de datas que quedan xa reflexadas no calendario que se adxunta  e que , a máis, contén a previsión de material e os acordos para o desenvolvemento da campaña: 4000 cartéis, 100+100 pancartas, 10.000 copias do manifestó,  a edición de bolsos e chalecos  serigrafiados,  a programación da convocatoria de roldas de prensa,  máis de 60 actos públicos por toda a nosa xeografía, o inicio de conversas para a contratación con Renfe de tres trenes chárter, e a convocatoria de 7 manifestacións simultáneas  o 25 de febreiro nas principais cidades galegas

Porque,  O 21M, VOLVEMOS A MADRID!!!, -  CAMIÑANDO CARA A FOLGA XERAL.
PAN, TRABALLO, E TEITO

Ningún comentario:

Publicar un comentario