domingo, 18 de xaneiro de 2015

CELEBRAMOS A ASEMBLEA ESTATAL DE COORDINACIÓN DAS MARCHAS DA DIGNIDADE EN CANGAS O 16 e 17 de XANEIRO DE 2015. - O 21 DE MARZO VOLVEMOS A MADRID CAMIÑANDO CARA A FOLGA XERAL.


Algunhas fotos e novas que atopamos nos medios que dan fe do acontecido nas dúas xornadas que o movemento “Marchas da Dignidade_22M” desenvolvimos en Cangas do Morrazo  nesta fin de semana.  
A primeira, o día 16, a CUT organizou un acto público de apoio ás Marchas da Dignidade, que encheu o salón de plenos do Concello e que serviu, tamén, para darlle a benvida a todas as delegacións que durante esta xornada, e a seguinte, se achegaron dende distintos puntos do territorio español, e como introducción a xornada de debate e traballo do sábado.
Este acto, foi presentado pola actriz Mónica Camaño e contou ca intervención do escritor galego, Xosé María Álvarez Cáccamo. Como xa tíñamos anunciadon no relatorio participaron tamén,  Lluís Blanco (IAC), Nines Maestro (Red Roja), Gines Fernandez (Frente Cívica-SM), J.M. Muñoz Poliz (CGT), Rafael. Glez. Escudero (S.F. da Confederación Intersindical.), Javier Garcia (SAT) e Manolo Camaño (CUT).
Durante o sábado, 17,  desenvolvimos unha xornada intensiva de traballo, mañan e tarde, ultimando os preparativos, e acordando as principais cuestións loxísticas e operativas das dúas grandes movilizacións que temos decididas para 2015, porque  O 21 DE MARZO VOLVEMOS A MADRID, como preludio da FOLGA XERAL NO OUTONO, o 22-O.


LIGAZÓNS AO RECOLLIDO NOS MEDIOS:


Ningún comentario:

Publicar un comentario