luns, 5 de xaneiro de 2015

CANGAS DO MORRAZO ACOLLERÁ A CELEBRACIÓN DA ASEMBLEA ESTATAL DAS MARCHAS DA DIGNIDADE O VINDEIRO SÁBADO 17 DE XANEIRO.

  
Como xa anunciaramos, a Asemblea de coordinación a nivel estatal das MMdD reunirase en Cangas do Morrazo, o día 17 de xaneiro, sábado, para preparar a axenda de mobilizacións que está deseñada para o ano 2015. Esta asamblea, que por primeira vez se celebra en Galiza, vai  ter lugar, en sesións de mañá e tarde, no salón de plenos do Concello de Cangas, tendo restrinxida a súa asistencia @s representantes das organizacións e territorios.
Previsiblemente o día anterior, o venres día 16, se celebre un acto público coa intervención de portavoces das distintas nacións do estado.
Esta prevista a asistencia de máis de sesenta representantes das distintas organizacións e territorios de todo estado español que compoñen este movemento.
Teñen xa confirmada a asistencia as seguintes organizacións:
Os sindicatos:
IAC de Catalunya
SAT de Andalucía
ESK de Euskal Herria
Confederación Intersindical,
CGT
CNT
Intersindical Valenciana
COBAS
CUT
Organizacións sociais e políticas:
ATAAC
Campamento de la Dignidad de Extremadura
Frente Cívico- Somos Mayoría
Corriente Roja
Territorios:
Asturias, Catalunya, Euskal Herria, Madrid,
País Valencía, Andalucía e Murcia.

Nos vindeiros días concretaremos máis información sobor deste imporante evento para O Morrazo e para Galiza..

Ningún comentario:

Publicar un comentario