domingo, 11 de xaneiro de 2015

A C.U.T. ORGANIZA ESTE VENRES 16 DE XANEIRO NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO DE CANGAS UN ACTO PÚBLICO, ABERTO EN APOIO ÁS MARCHAS DA DIGNIDADE_22M QUE, O SÁBADO, ACOLLERÁ NESTE CONCELLO, E POR PRIMEIRA VEZ NA GALIZA, A SÚA ASEMBLEA ESTATAL DE COORDINACION.

Como xa anunciaramos neste blogue, CANGAS DO MORRAZO acollerá a celebración da ASEMBLEA ESTATAL DE COORDINACION DAS MARCHAS DA DIGNIDADE o vindeiro sábado 17 de xaneiro, en xornada de traballo, de mañan en tarde.
Dado o restrinxido da mesma, por tratarse, precisamente, de unha xornada de traballo en mañan e tarde, e como xa quedara dito e publicado, a Central Unitaria de Traballadores (CUT) organiza, na víspera,  o VENRES,16 ás 19:30 horas, no salón de plenos no Concello de Cangas, un ACTO PÚBLICO, ABERTO, de apoio as Marchas da Dignidade_22M que na xuntanza do sábado acordarán as pautas para levar a cabo o calendario de movilizacións xa decidido para 2015 preparatorio da grande movilización que suporá a convocatoria de unha FOLGA XERAL, OBREIRA, SOCIAL E DE CONSUMO, o 22 de Outubro
Liga aquí á nova publicada na propia web da CUT. Para coñecer o programa e aos poñentes invitados.
http://cutgaliza.org/index.php?option=com_content&view=article&id=813:acto-da-cut-en-apoio-as-marchas-da-dignidade&catid=33:da-cut&Itemid=44

Ningún comentario:

Publicar un comentario