luns, 29 de decembro de 2014

XUNTANZA DA COMISIÓN COORDINADORA GALEGA DAS MMdD O 22 DE DECEMBRO EN COMPOSTELA. -- RESUMO DOS ACORDOS E NOVA CONVOCATORIA PARA O 12 DE XANEIRO 2015

Celebrouse a xuntanza  en Compostela o luns 22 de decembro.

Asisten ós seguintes colectivos e organizacións: Ecoar, CUT, S.Elevación, Plataforma da Estrada, STEG, CGT,  Plataforma de Pontevedra, SLG, Xeira, PCG, Anova, Sindicato Ferroviario, XX.CC, Esquerda Unida, F. Cívica-SM, e Plataforma Ferrolterra


1.- Valórase como moi positivo o resultado do Ocupemos o Obradoiro.
2.- Tralo extenso informe remitido a todas as organizacions da xuntanza estatal do 13 de Nadal en Vallecas, Debátese a folla de ruta alí aprobada na coordinación. Plantéase con moito debate que dito deseño haberá que entendelo como axenda para todo ano 2015, onde o éxito de cada unha das convocatorias terá que ver coa seguinte. Ademáis do apoio e participación como MMdD en distintos eventos sectoriais, as pautas máis importantes serían as seguintes:
A).- 21 de marzo. Manifestación a Madrid no formato do 22 de marzo pasado. Quédase de adiantar propostas para o traballo de convocatoria: deseño técnico e organizativo, loxístico, de comunicación, etc..
B).- 1º de Maio, convocado polas Marchas da Dignidade. Acórdase que o debate está aberto, entendendo que o peso da convocatoria recaerá nos sindicatos integrados nas MdD.
C).- 22 de Outubro. Convocatoria de Folga Xeral.
3.- O rexeite da convocatoria por parte de Toledo nos leva a organizar en Galicia a celebración o próximo 17 de xaneiro da Asemblea Estatal de Coordinación das MMdD. Hai dúas propostas territoriais para facerse cargo da organización, Vigo, e Cangas do Morrazo. Finalmente se consensua a proposta de que sexa en Cangas do Morrazo, donde se organice o encontro.
A Plataforma do Morrazo organizaría o evento, e os demáis colectivos e organizacións apoiarían o acto sobre todo no transporte dxs compas asistentes desde os aeroportos e a estación do tren.
4.- Acórdase unha NOVA CONVOCATORIA para xuntanza da Comisión Coordinadora Galega das MMdD, o LUNS, 12 DE XANEIRO, ás 17 h., neste mesmo local da Troita Armada, en Compostela.


Ningún comentario:

Publicar un comentario