martes, 9 de decembro de 2014

XUNTANZA COMISIÓN COORDINADORA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE EN COMPOSTELA, O XOVES, 11 DE NADAL ÁS 10:00 Hs.NA GENTALHA DO PICHEL

Lembramos que está convocada xuntanza da Comisión Coordinadora Galega das Marchas da Dignidade para o XOVES DÍA 11 DE NADAL ás 10:00H horas na Gentalha do Pichel en Compostela.
Pensamos que despois do trabalo desenvolvido na campaña do 29N, EU VOU polo conxunto das persoas e dos colectivos que integramos a Columna Galega, sería bo analizar dito trabalo con sosego e sacar conclusións para continuar coa tarefa. O vindeiro día 13 está convocada en Vallecas a Asemblea Estatal das Marchas da Dignidade.donde deberemos asistir unha representación da columna galega.
O movemento das MdD somos todxs. Por iso pensamos que é indispensable garantir a asistencia, tanto organizacións como plataformas comarcais, co criterio das convocatorias anteriores, dúas persoas por colectivo.

A orde do día proposta é a seguinte.
- Valoración do 29N.
- Situación finacieira da caixa da Columna Galega.
- Asemblea Estatal
- Convocatoria do 22M (2015)

Ningún comentario:

Publicar un comentario