luns, 29 de decembro de 2014

PRÓXIMA ASEMBLEA ESTATAL DAS MARCHAS DA DIGNIDADE O 17 DE XANEIRO DE 2015 EN CANGAS DO MORRAZO.

Tal e como acordamos a Comisión Coordinadora Galega das MMdD na xuntanza do pasado 22 de decembro en Compostela, o sábado 17 de xaneiro de 2015 vaise celebrar en Cangas do Morrazo, a Asemblea Estatal de Coordinación das MMdD.
O acto terá lugar no Salón de Actos do Concello de Cangas, en xornada de mañan e tarde.
Instantanea da Asemblea celegrada en Mérida no  derradeiro mes de Xuño...
A esta asemblea, a primeira que se celebra en Galiza, está prevista a asistencia das distintas representacións das organizacións e nacións do estado español integrantes deste movemento. En breve publicaramos os asuntos a tratar, e a orde do día.
Como prólogo deste encontró, o venres, 16, as 20:00 horas, está prevista a celebración dun acto público, onde tomarían a palabra distintxs portavoces das organizacións sindicais, sociais ou políticas integradas nas MdD. Xa están confirmadas o SAT de Andalucía e a IAC de Catalunya. Na medida que se vaia pechando o formato final do acto iremos informando.
Informa:  A comisión organizadora - Plataforma das MMdD do Morrazo.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario