martes, 16 de decembro de 2014

ONTE, NA XUNTANZA DA PLATAFORMA DE VIGO DAS MARCHAS DA DIGNIDADE SE FIXO A VALORACION DAS MOBILIZACIONS DO 29-N E MÁIS A ENTREGA DO PREMIO DAS RIFAS VENDIDAS EN VIGO -CESTA CON PRODUCTOS GALEGOS - QUE RECAEU NA RIFA NUMERO 002 TAL E COMO SE INFORMARA XA NESTE BLOGUE O DÍA 1 DE NADAL..

O 1 de Nadal publicamos neste blogue o resultado do sorteo no que se rifaba unha cesta con productos da terra e do mar - productos galegos- .  O sorteo foi realizado no retorno dos autobuses a Vigo o 29N,  tras o Ocupemos  o Obradoiro.
Como se anunciara a rifa premiada foi a que leva o numero 002 e o premio recaeu no conocido activista vigués, Manolo Garrido, que participa na Plataforma local en representación de AGABO pero que foi agraciado pola compra de rifas que fixo a título individual presentando hoxe a papeleta premiada para recoller o seu premio.
Tras a entrega que se efectuou nun aparte da  xuntanza da Plataforma local,  o compañeiro Garrido anunciou que o contido da cesta vai a ser doado e entregado a  Rede Solidaria Popular de Vigo. (RSP)   http://www.reddesolidaridadpopular.org/red/vigo.
Unha  rede solidaria, comprometida con Vigo,  que está traballando arreo a prol dos máis febles ca que Manolo, con este xesto, quere amosar tamen a súa solidaridade.

Doutra banda, nesta xuntanza, se fixo un análises, e valoración, da movilización do 29N muy positivo resaltando, ao mesmo tempo, algunas eivas que hai que correxir na programación e realización do traballo encomendado as distintas organizacions que conformamos a plataforma local tendo en conta, comparativamente, o resultado da mobilizacion a nivel xeral, de algunhas localidades e comarcas concretas, e o potencial mobilizador que ten a cidade de Vigo.
Pechamos o balance das contas locais desta mobilización cos abonos e pagos pendentes de rifas, chapas, pancartas, compensación das plazas non cubertas de autobús, etc… resultando, ao fin e ao cabo, ainda un pequeño remanente para seguir traballando e, con isto,  tamen se valorou a necesidade de aportar como plataforma local os 20 euros que nos adxudican dende a plataforma galega nas contas nacionais como  pendentes de pago pero,  tendo en conta  que ninguna plataforma local fixo efectivo abono algún, se considera necesario aclarar esta cuestión.
O compañeiro Costoya fixo un pequeño avance do tratado e acordado na xuntanza a nivel estatal das Marchas 22M que tivo lugar o sábado 13 na parroquia S.Carlos Borromeo de Vallecas adiantando alguns dos acordos sobre a folla de ruta das movilizacióna para 2015 que nos vai a levar á convocatoria de unha folga xeral para o outono e comprometendose a enviar copia do informe, máis ou menos detallado, que sobre o acordado está elaborando para a Plataforma Galega das Marchas  en cuio nome e representación asistiu a esta xuntanza.
No  obstante adiantouse nesta xuntanza que quedou sobre a mesa estatal unha oferta para  celebrar unha próxima xuntanza estatal das Marchas en Galiza e niste senso acordouse por parte de esta Asemblea Local de Vigo postularse como organizadora, cando toque, e trasladar así este acordo na vindeira xuntanza nacional da Plataforma Galega das Marchas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario