martes, 9 de decembro de 2014

A COLECTA DA DIGNIDADE CUMPRIU COS SEUS OBXECTIVOS. O VINDEIRO DÍA 11 NA XUNTANZA DA COMISIÓN COORDINADORA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE, TODA A INFORMACIÓN, E O ACTA DE RECONTO, SOBRE A COLECTA SOLIDARIA DO 29N NA PRAZA DO OBRADOIRO

Porque "AUTOFINANCIARSE NON ATA" , acordamos facer unha colecta solidaria o mesmo día 29 na Praza do Obradoiro para contribuir a sufragar os gastos extraordinarios que nos xeneraba o acto final lúdico-festivo no Obradoiro. Un acto que pretendeu, e a bó fe conseguiu, darlle o nivel que mercía tanto o esforzó e sudor deixado no camiño por tantas e tantos camiñantes como o nivel das actuacions que de xeito altruista, solidario e xeneroso nos ofreceron Cándido Pazó, Habelas Hainas, Mini e Mero, Roberto Rivas, e Ataque Escampe.

UNHA VEZ MÁIS,  GRAZAS A TODAS E TODOS.
...A TODAS AS PERSOAS QUE APETARON E ÁS QUE ALÍ ESTABAN E NON POIDERON FACELO. GRAZAS MIL!!!

Abertos os petos. e feito o reconto, nunha xuntanza dos responsables da conta común das Marchas aberta na Caixa Rural, Angel Valladares, CGT; Santiago Lamelo, da Fronte Cívica; e Jesús Liste do SF-CI, nos informan que os obxectivos marcados foron cumplidos, e na vindeira xuntanza do día 11 darán conta da situación e dos cartos recadados, que xa foron ingresados en conta o día 5 de nadal, tal e como consta na acta que levantaron e fimaron ao peche do reconto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario