O pasado sábado 29 de Novembro compañeiros/as de Asturias
en marcha, participamos na convocatoria de Marchas da Dignidade no Obradoiro.
compartimos cos nosos compañeiros/as das catro provincias galegas un día
histórico de loita e unidade, reclamando unha vez máis na Praza do Obradoiro,
abarrotada de miles de persoas, Pan, Traballo e Teito
Trala importante movilización regresamos a
Asturias ilusionados pola resposta cidadá, sabendo que o ocorrido en Madrid o
pasado 22-M, ten a súa continuidade en resposta ás políticas criminais deste
Goberno contra a maioría social máis oprimida.
A resposta social é incuestionable, e os poderes
políticos e económicos, non poden seguir negando esta evidencia, aplicando máis
e máis medidas de recortes contra os sectores máis vulnerables
É tempo de Dignidade. Ata
agora a cidadanía, só servíalles como animais de sacrificio, ante os grandes
altares do poder económico.
Hoxe o pobo debe ocupar o lugar que lle
pertence, a folla de ruta do capitalismo é impoñernos as condicións de vida e
traballo do século XIX, pero a clase traballadora somos maioría e esta
movilización supón un novo avance na loita social, contra a sinrazón dun
capitalismo insaciable.
Non somos mercancía e mentres non podamos
participar das decisións económicas, non hai liberdade, nin democracia, nin
estado de dereito que valla porque todo iso é incompatible co capitalismo.
Non podemos aceptar a mensaxe engañoso, de que a
economía mellora ou o paro baixa, cando a realidade que sufrimos todos os días,
é ver un permanente e sistemático recorte dos nosos dereitos máis elementais.
Hai que falar de dereitos dos pobres, como o
estamos facendo desde o pasado 22-M e como o fixemos o pasado 29-N no
Obradoiro.
O percorrido iniciado entón, son exemplos de
loita que nos moven a crer aínda máis na necesidade de globalizar a loita, en
temas importantes como os recortes, e de chamar á unidade de acción. A
iniciativa das marchas pode, e debe ser, a ferramenta necesaria para confluír
na loita social e laboral contra a irracionalidad deste sistema corrupto e
criminal. Unha confluencia de forzas que nos permita recuperar o que nos
roubaron e evitar que o sigan facendo.
Non son tempos de demagoxia, nin de
lamentacións, nin de declaracións testimoniais, nin de resignacións, nin de
dicir que hai que resistir. É tempo de vencer. É tempo de dignidade.
Así o reclamamos os miles de persoas o pasado
29-N, no Obradoiro.
Cándido González
Carnero
Asturies en marcha