martes, 4 de novembro de 2014

PORQUE OS HOMES E MULLERES DE AROUSA... O 29N VAN!!, PARA PREPARAR O CAMIÑO E SUMAR, ACUDE E PARTICIPA, ESTE VENRES, DÍA7, NA ASEMBLEA ABERTA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE NO CONCELLO DA ILLA DE AROUSA

O xoves 6, dende a Illa, iremos a “manifa” convocada polas MARCHAS DA DIGNIDADE a prol do 29N máis de preto de aquí... 

 Máis o venres, 7 de novembro, ás 19:00 horas, no salón de sesións do Concello terá lugar unha ASEMBLEA ABERTA a participación de todos os colectivos, asociacións, movementos sociais e organizacións que decidan asistir e contribuir para que A ILLA DE AROUSA E COMARCA, estén presentes o día 29 de novembro na praza do Obradoiro xunto co resto das MARCHAS DA DIGNIDADE da Galiza que sumarán voces e vontades para esixir algo tan esencial como é o dereito a PAN, TRABALLO E TEITO, para todas e todos.


.


 Esta xuntanza terá a ben presentala o profesor ANXO ANGUEIRA e tamén confirmaron a súa presenza a profesora da Illa, Susana Sáchez Arins, e máis dous compañeiros que levan tempo traballando arreo na organización e desenvolvemento das Marchas por todo o país, Manolo Camaño da CUT e X.C. Costoya do SF-Intersindical que tentarán solventar as dúbidas que sobor destas cuestións se poidan plantexar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario