venres, 21 de novembro de 2014

NON SIN POUCOS IMPEDIMENTOS, E TRABAS, POR PARTE DAS FORZAS E CORPOS DE SEGURIDADE DO ESTADO A COLUMNA SUR DAS MARCHAS DA DIGNIDADE INICIAMOS HOXE O CAMIÑO CARA O OBRADOIRO. UNHA DAS RAMAS DA COLUMNA SUR SALIU ESTA TARDE DE MOAÑA CARA CANGAS. MAÑAN SAIRÁN DO VALMIÑOR, DO CONDADO, E DO BAIXO MIÑO.. O 29 DE NOVEMBRO ATEIGAMOS O OBRADOIRO.

Hoxe como estaba previsto tivo lugar a primeira etapa da andaina no Morrazo, desde a vila de Moaña a de Cangas. Ás catro da tarde a esperpéntica esixencia do cumprimento estricto do protocolo de “seguridade vial” practicado por unha desmesurada presencia da Garda Civil no comezo da andaina en Moaña, non empañou a moral e o ambiente festivo d@s participantes na Marcha. Ás seis da tarde a ringleira de camiñantes chegou ó centro de Cangas, quedando citad@s para a vindeira etapa de Cangas-Bueu.











Ningún comentario:

Publicar un comentario