martes, 11 de novembro de 2014

NA AROUSA POÑÉMONOS EN MARCHA PARA OCUPAR O OBRADOIRO O 29 N !!

Logo da asemblea celebrada o pasado venres 7 de novembro na Illa de Arousa, persoas de diferentes colectivos culturais e sociais coincidiron na necesidade e intención de apoiar e participar nas MARCHAS DE DIGNIDADE cara o Obradoiro, baixo o lema e reivindicación PAN, TRABALLO E TEITO. A partir de aquí, iniciamos a organización da viaxe cara Santiago en autobús e a difusión da iniciativa para que as veciñas e veciños, os colectivos e asociacións de A Illa de Arousa e da comarca se sumen.
Propiciáronse, ademais, contactos con persoas e colectivos doutros concellos da contorna para ir creando sinerxias e unir esforzos, de cara a convertir o 29N nunha auténtica revolución social, reflexo e latexo da clase traballadora galega en pé.





VÉMONOS O 29N !!
NOS IMOS !! 
OCUPEMOS O OBRADOIRO!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario