luns, 3 de novembro de 2014

DESDE VALDEORRAS. ASEMBLEA PREPARATORIA CARA AO 29-N. OCUPEMOS O OBRADOIRO!

       O Mércores, 12 de novembro, ás 20:00 horas, no salón multiusos do Concello do Barco, terá lugar unha ASEMBLEA ABERTA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE coa finalidade de ir ultimando os preparativos para ir a Compostela o 29-N e ocupar a praza do Obradoiro confluindo con outras galegas e outros galegos procedentes de distintos puntos do noso país, para esixir o dereito a PAN, TRABALLO e TEITO para todas as persoas que residen no noso país e denunciar as situacións de inxustiza a abuso que padece o noso pobo, postas de relevo no Manifesto das Marchas Galegas da Dignidade para o 29-N.
 
  Desde Valdeorras fretarase un autobús para ir a Santiago. Se queres apuntarte podes remitir un correo electrónico co teu nome, apelidos, teléfono de contacto, e localidade de residencia ao correo: marchasdadignidade.valdeorras@gmail.com e xa nos poremos en contacto contigo .


Ningún comentario:

Publicar un comentario