mércores, 19 de novembro de 2014

DENDE LUGO NOS FALAN DA FINANCIACIÓN DAS MARCHAS A COMPOSTELA DO 29 DE NOVEMBRO. PORQUE O 29N LUGO VAI!!.

E dí no Facebook Xohán Rompe: FINANCIACIÓN DAS MARCHAS A SANTIAGO O DIA 29 POLA NOSA DIGNIDADE.

Bueno. Como había algunha dúbida, (estas nunca son normalmente ben de Compostela., polo menos cando se fale conmigo), vouvos a deixar aquí unhas mostras acerca de cómo os cidadáns, que somos demócratas e aspiramos I D E O L O X I C A M E N T E, corporalmente, por sufrimento, por hastío, por vergoña, a que nos deixen xa dunha vez coa nosa DIGNIDADE intacta, digo que vos vou a deixar aquí unhas probas-demostracións dos recursos cos que pensamos pagar os desplazamentos a esa grande concentración pola DIGNIDADE que o sábado 29 N teremos en Santiago

* En primeiro lugar, anunciarvos que temos á venda en diferentes sitios e por diferente persoas, (e eu orgullosamente son unha delas) postas á venda unhas rifas por importe de 1 €.

O premio será un lote de productos galegos que levará Lacón, Bptelo, Androia e botella de viño Mencía. O premio levarao o posuidor do n´º que coincida co 1º Premio do "Sueldazo da ONCE" do mesmo día 29 de Novembro 20 2014.
Como di na rifa, o premio poderáse recoller dende o día 1/12/14 no Centro Social O Carneiro Alado sito en Lugo na rúa Salvador de Madariaga, nº 8 e Caduca 0 31/12/14.

*Asímesmo, o día 21 de Novembro teremos un Magosto na Praza do Campo Castelo. Alí poñeranse á venda camisetas, chapiñas, etc.... para recabar fondos, e quen desexe colabourar económicamente nesta postulación, poderá tamén deixar unha propina si quere (non obrigatoria) polas castañas.

* A, pero como nós somos xente DEMOCRATA, ABERTA, e non facemos as cousas a base de imperativos legais, convidamos a aquelas formacións, partidos, grupos, etc... a que si queren e o desexan, leven tamén a súa mesiña para a venda das súas publicacións, si teñen as súas camisetas, en definitiva, o que queiran vender.

* Por outra banda, un equipo de persoas está estudando os diferentes presupostos que as compañías de buses nos propoñen para este viaxe Lugo Santiago ida e volta. 

* Tamén se decidíu na reunión de onte (moi ideolóxica polo que se ve), mirar o xeito de que aquela xente que non poida pagar o seu desplazamento no bus, ben porque esteña no paro ou algunha situación delicada específica, non teña que pagar, asumindo entre o resto a súa parte correspondiene.

* OS AUTOBUSES, chegarán ó Monte do Gozo sobor das 10,30 da mañán, e ende alí sairáse andando, acompañados de gaiteiros, músicos, danzantes etc... ate a Praza do Obradoiro, porque creemos que un ambiente festivo, é axeitado para acompañarnos nese tramo. Ah, e para aquela xente maior, ou que teña algunha dificultade para andar ou mobilidade, os autobuses trasladarán a esa xente directamente a rúa San Francisco, a uns 150 <mts. da Praza do Obradoiro.

Por suposto, non temos nin Tesoureiros, nin tesoureiras, xa que a honestidade e honradez está suficientemente demostrada en todos nos, polo que non temos que facer filigranas á hora de nombrar xente que oculte os datos da nosa financiación. Estes datos están á vista de todo o mundo e todo o mundo participa nas contas, e dese xeito tamén evitamos por unha banda que haxa algún cartiño que se escape polos sumidoiros das alcantarillas, e tamén, as malas linguas e perversas interpretacións de desacreditación.

¿VALE XA, PARA TODOS E PARA TODAS, ? ¡ Pois estades convidados a participar en tódolos actos que iremos facendo, así como acompañarnos nesta loita pola nosa DIGNIDADE, e así, de paso, si deixamos durante uns breves momento de botar a boca a pacer e nos dedicamos a traballar polas causas nobles e xustas, mellor nos iría a todos, e a este país no seu conxunto. ¡Animádevos e vinde con nos,. Viaxe con nos neste autobus da esperanza,


Reproduzo tamén o comentario do SF, porque estos están sempre ao “quite”.  Rediós.!!!
Sf-intersindical de Pontevedra Con permiso, imos a levar esto o blogue das marchas porque nos gusta, e porque temos algo de deficit informativo desas terras do interior nese espazo de expresión común. Será pola orografía, supoño. Somentes un pequeno comentario compañeiro ou compañeira ao lapsus derradeiro parágrafo que estou seguro compartiremos. A nosa loita amosa e desborda dignidade non loita por ela porque todas e todos os que formamos parte das marchas temos de sobra. Saúde. jccostoya

Ningún comentario:

Publicar un comentario