xoves, 13 de novembro de 2014

CRÓNICA DA XUNTANZA MANTIDA HOXE NO PAZO DO HORREO COS GRUPOS PARLAMENTARIOS DO BNG, AGE, E MIXTO. E POSTERIOR ROLDA DE PRENSA AS PORTAS DO PARLAMENTO PARA PRESENTAR A MOVILIZACION DO 29N.


Hoxe mantivemos unha xuntanza no Pazo do Hórreo a Plataforma Galega das Marchas da Digniade co BNG, AGE e o Grupo Mixto, grupos da oposición no Parlamento Galego que, dende as marchas se entende rexeitan, se rebelan e combaten as políticas austericidas, autoritarias e de recortes que mandata a Troika e que asumen e imponen na Galiza, e no estado Español os gobernos títeres de turno. 

Vinte representantes con disponibilidade para asistir esta mañan, das máis  de 60 organizacións questamos nas marchas da Dignidade na Galiza  mantivemos hoxe  unha  xuntanza cos  grupos parlamentaros do BNG, representado polo  seu  voceiro Francisco Jorquera, con X.M.  Beiras, Yolanda Díaz,  Eva Solla  e Xavier  Ron polo grupo  parlamentario de AGE  e Consuelo Martínez do Grupo  Mixto,  co fin de procurar e acadar apoios  e respaldo á movilización convocada para  o día  29 de novembro que terán  lugar,  de xeito  simultaneo en todo  o estado, e que no caso  galego conleva unha semanade andainas (do 22 ao 29)  naque, o 29N, cinco  columnas de camiñantes confluiremos en Compostela para  ocupar, e ateigar, de DIGNIDADE a Praza  do Obradoiro.

CONTRA A  CORRUPCIÓN  E  OS  CORRUPTOS  AS  MARCHAS  DA  DIGNIDADE SEGUEMOS RECLAMANDO, PAN TRABALLO E TEITO  PARA  TODAS E TODOS.

Os tres  grupos parlamentarios expresaron o seu apoio  e respaldo.
No caso  de AGE  dxeito  incondicional. Jorquera expresou ese  apoio  en  nome  dgrupo parlamentario  do  que  é  voceiro  argumentando  qu a lle  foi  dirixida  a convocatoria, no entanto, comprometeuse, como membro d executiva nacional do  BNG,  a manter unha xuntanza cas  marchas en  breve,  e sempre antes  do a 29, parfixar posición como organización.

No  caso  do  grupo  mixto  das  dúas  representantes convocadas tan  só  asistiu Consuelo Martínez que expresou o apoio  tamén en nome da súa actual organización, Cerna, si  ben  lle pedi ás  Marchas que  dera un  paso  máis  adiante para soicitar maior  cuota  de gobernó para  Galiz e  maiores competencias sobre todo en canto  a Traballo.

Compostela a 13 de novembro de 2014

Ningún comentario:

Publicar un comentario