mércores, 12 de novembro de 2014

ANDAINA E BUS DENDE PONTEAREAS



As Marchas da Dignidade, veñen de convocar á cidadanía galega a encher o Obradoiro o vindeiro 29 de novembro nunha gran mobilización, na que confluirán 5 andainas que sairán de diferentes puntos de Galicia a partir do 22 de novembro.

A nosa andaina recorrerá o tramo Ponteareas – O Porriño, e sairá o mesmo 22 de novembro ás 13:30 dende a Casa do Concello da nosa vila. Haberá un pasacalles dende a Praza Maior ata o Concello, pasando por Oriente e Bugallal con saída ás 12:00. Posteriormente e antes de comezar a andaina, celebraremos un acto informativo. 
 
As marchas informan que xa están abertos os prazos para anotarse, tanto para participar nas andainas como para viaxar en autobús o mesmo 29 de novembro, que no caso de Ponteareas sairá da estación de autobuses ás 08:00. 
 
Esta viaxe no bus cara ao Obradoiro ten un custe de 3 euros, xa que está subvencionado pola Coordinadora de Ponteareas que autofinánciase coa venda de rifas, chapas e camisetas. 
 
As/os interesadas/os, tanto para ir camiñando como para ir no autobús, poderán anotarse en: 
  • Teléfono: 688 976 548
  • Correo: marchasdignidadeponteareas@gmail.com 
  • Ponte Solidario (Rúa Amado Garra 31) en horario de martes de 10:00 a 13:00 e sábados de 10:00 a 14:00 e de 18:00 a 19:30 todos os dias. 
  • CSA O Fresco  (Barrio da Ponte, 9) 
O prazo para anotarse no autobús remata o 25 de novembro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario